Coprofilia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Referencio + completo
Xoacas (conversa | contribucións)
Véxase tamén
Liña 8: Liña 8:
==Notas==
==Notas==
{{referencias}}
{{referencias}}

==Véxase tamén==

===Outros artigos===

* [[Parafilia]]
* [[Sexualidade]]


[[Categoría:Parafilias]]
[[Categoría:Parafilias]]

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2010 ás 16:55

A coprofilia é unha parafilia considerada como unha clase de fetichismo, consistente na excitación sexual producida polas feces, e adoita combinarse con sadomasoquismo ou infantilismo.

Características

A coprofilia consiste na atracción por ulir, saborear ou ollar o acto de defecación como fonte de excitación sexual e pracer. Esta actividade erótica pódese practicar solitariamente ou en parella. Algúns coprófilos practican a coprofaxia, é dicir, inxiren feces, o que pode afectar a saúde debido aos riscos de infección de enfermidades.

Segundo Sigmund Freud, as tendencias coprofílicas son normais no neno, que, sobre todo na fase anal, non manifesta ningún desgusto polos excrementos e ata se sente orgulloso deles e os emprega como medio de autoafirmación en relación cos adultos. Sostén que o interese polos excrementos do neno non está divorciado do interese sexual, a separación entre ambos sobrevén despois pero permanece sempre incompleta, permanecendo eficaz durante a vida adulta unha parte das inclinacións coprófilas en forma de neuroses ou perversións.[1]

Notas

  1. GALLIMBERTI, U. Diccionario de psicología. Siglo XXI. ISBN 9682326184.  Ligazón externa en |title= (Axuda)(en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos