GalegoLab: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
+ dato
Liña 4: Liña 4:


Algunhas das 50 caras coñecidas que puxeron a andar este proxecto foron [[Iago Martínez]], [[María Yáñez]], [[Belén Regueira]], [[Antón Reixa]] ou [[Xabier P. DoCampo]].
Algunhas das 50 caras coñecidas que puxeron a andar este proxecto foron [[Iago Martínez]], [[María Yáñez]], [[Belén Regueira]], [[Antón Reixa]] ou [[Xabier P. DoCampo]].

En setembro de 2010 a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da [[Xunta de Galicia]] premiou a iniciativa GalegoLab dentro da categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas<ref>[http://imit.xunta.es/portal/actualidade/novas/2010_09_14_modernizacion_premia_proyectos.html "Modernización premia 6 proxectos para desenvolver contidos en internet orientados á promoción cultural e á integración de colectivos con dificultades de acceso á sociedade da información"], artigo na web da IMIT, 14 de setembro de 2010</ref>.


==Notas==
==Notas==
{{Listaref}}
{{referencias}}


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 15 de setembro de 2010 ás 11:58

GalegoLab é unha asociación cultural fundada en 2010[1] co obxectivo de promocionar e normalizar a lingua propia de Galiza, o galego[2]. A organización ten como principal ferramenta de traballo a súa páxina web, que vén sendo unha rede social de crowdsourcing, onde os usuarios propoñen, cualifican ou denegan a viabilidade dunha idea ou proxecto.

GalegoLab ten como obxectivo de sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e aficións en defensa do idioma galego, especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade.
Presentación na web da organización

Algunhas das 50 caras coñecidas que puxeron a andar este proxecto foron Iago Martínez, María Yáñez, Belén Regueira, Antón Reixa ou Xabier P. DoCampo.

En setembro de 2010 a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia premiou a iniciativa GalegoLab dentro da categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas[3].

Notas

  1. A comezos de ano, malia que a súa web non foi posta a disposición dos usuarios até o 20 de maio do 2010.
  2. GalegoLab nace para renovar a loita polo galego, nova n'A Nosa Terra.
  3. "Modernización premia 6 proxectos para desenvolver contidos en internet orientados á promoción cultural e á integración de colectivos con dificultades de acceso á sociedade da información", artigo na web da IMIT, 14 de setembro de 2010

Véxase tamén

Ligazóns externas