Fernando Torres: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cy:Fernando Torres
Liña 290: Liña 290:
[[ca:Fernando José Torres Sanz]]
[[ca:Fernando José Torres Sanz]]
[[cs:Fernando Torres]]
[[cs:Fernando Torres]]
[[cy:Fernando Torres]]
[[da:Fernando Torres]]
[[da:Fernando Torres]]
[[de:Fernando Torres]]
[[de:Fernando Torres]]

Revisión como estaba o 13 de setembro de 2010 ás 04:35

Fernando Torres
Información persoal
Nome Fernando José Torres Sanz
Nacemento 20 de marzo de 1984
(40 anos)
Lugar de nacemento Fuenlabrada
Altura 1,86
Posición Dianteiro
Na rede
https://www.fernando9torres.com/
IMDB: nm1895576 Facebook: Torres Twitter: Torres Instagram: fernandotorres TikTok: fernandotorres FIFA: 183864 UEFA: 58686 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fernando José Torres Sanz, nado o 20 de marzo de 1984 en Fuenlabrada, Madrid, é un futbolista español. Xoga na posición de dianteiro. Na actualidade o seu clube é o Liverpool FC.

En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Traxectoria

Comezou a xogar na canteira do Atlético de Madrid cando tiña dez anos e debutou en primeira división do fútbol español co seu equipo o 1 de setembro de 2002 no Camp Nou, empatando co FC Barcelona 2-2. No clube madrileño estivo xogando cinco tempadas consecutivas, onde obtivo unha media de 15 goles e un record de 23 goles por tempada en 2003-04.

O seu debut como internacional foi o 6 de setembro de 2003 no partido Portugal 0 - 3 España. Torres ha participado en la Copa Mundial de Fútbol de 2006.

En 2007 ficha polo Liverpool FC, por 36 millóns de euros, co que se converte na fichaxe máis cara nos 150 anos de historia do club inglés e a máis cara da tempada 2007/2008 en Europa. O 16 de xullo debuta co Liverpool FC nun amigable ante o Werder Bremen (3-2 para os Reds). O 11 de agosto debuta oficialmente co Liverpool FC no partido de liga Aston Villa-Liverpool FC (1-2).

Selección nacional

Torres, campión da Eurocopa 2008

En 2001 impúxose no «Torneo Algarve» coa selección sub-16 española. Tamén venceron no campionato europeo sub-16 da UEFA, no que Torres anotou o único tanto da final e foi elixido mellor xogador do campionato. En novembro dese mesmo ano representou a España no Mundial Sub-17 de 2001, no que a selección foi eliminada na fase de grupos. En 2002 impúxose no europeo sub-19, no que foi nomeado futbolista do torneo e de novo anotou o único tanto da final.

O 6 de setembro de 2003 debutou coa selección nacional nun amigable ante Portugal. O 28 de abril de 2004 anotou o seu primeiro tanto ante a selección italiana, e foi convocado á Eurocopa dese ano.

Na fase de clasificación para o Mundial de Alemaña 2006 anotou sete tantos en once partidos, entre eles un hat-trick a San Marino, sendo o máximo goleador español de devandita fase. No Mundial marcaría outros 3 goles, compartindo o pichichi con David Villa.

Foi convocado para a Eurocopa 2008. Marcou dous goles na fase de clasificación e outros dous na Eurocopa, un deles o único tanto da final contra Alemaña (1-0), dando a España a segunda Eurocopa da súa historia.

O 28 de marzo de 2009 disputou ante Turquía o seu encontro número sesenta coa selección (durante a fase de clasificación para o Mundial de 2010) converténdose no futbolista máis novo en lograr este fito. Aínda que as lesións marcaron a tempada impedíndolle disputar un considerable número de encontros clasificatorios, anotou nun amigable ante Chile tras substituír a Villa na segunda metade. No verán Vicente del Bosque convocouno para disputar a Copa das Confederacións. Durante a disputa desta competición anotou o seu segundo hat-trick con España ante o combinado neozelandés; o hat-trick máis rápido da historia da selección. Tamén disputou o encontro de semifinais ante Estados Unidos -no que o combinado nacional foi derrotado (2-0)-, así como o encontro ante Sudáfrica -no que os españois impuxéronse (3-2) no tempo de desconto.

En 2010 volveu ser convocado por Vicente del Bosque para disputar o Mundial de Sudáfrica. O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Sudáfrica.

Clubs e estatísticas

Club Tempada Liga Copa local[1] Copa continental[2] Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Atlético de Madrid
España España
200001* 4 1 2 0 6 1
200102* 36 6 1 1 37 7
200203 29 13 2 1 31 14
200304 35 21 5 2 40 23
200405 38 16 6 2 5 2 49 20
200506 36 13 4 0 40 13
200607 36 14 4 1 40 15
Total 214 82 24 7 5 2 243 91
Liverpool FC
Inglaterra Inglaterra
200708 33 24 2 3 11 6 46 33
200809 24 14 5 1 9 2 38 17
Total 57 38 7 4 20 8 84 50
Total 264 117 30 11 22 10 318 140
Datos correspondentes ó 21 de abril de 2009[3]

* Segunda división

Palmarés

Campionatos nacionais

Título Club País Ano
Segunda División de España Atlético de Madrid España 2002

Copas internacionais

Título Club País Ano
Torneo Internacional do Algarve Selección española sub-16 Portugal 2001
Campeonato Europeo sub-16 da UEFA Selección española sub-16 Inglaterra 2001
Campeonato Europeo sub-19 da UEFA Selección española sub-19 Noruega 2002
Campeonato Europeo da UEFA Selección española Austria-Suíza 2008
Copa Mundial de Fútbol Selección española Sudáfrica 2010

Distincións individuais

Distinción Ano
Goleador do Campeonato Europeo sub-16 da UEFA 2001
Mellor xogador do Campeonato Europeo sub-16 da UEFA 2001
Goleador do Campeonato Europeo sub-19 da UEFA 2002
Mellor xogador do Campeonato Europeo sub-19 da UEFA 2002
Mellor xogador debutante na Premier League 2008
Mellor xogador da Final da Eurocopa 2008
Mellor xogador do ano "Northwest Awards" Premier League[4] 2008
Balón de bronce 2008
Terceiro lugar do Xogador Mundial da FIFA 2008
Bota de Prata da Copa FIFA Confederacións 2009
Incluído no equipo ideal FIFA/FIFPro[5] 2009

Fernando Torres e Galiza

O seu pai é de Boqueixón e a súa nai madrileña. Dende 1990 pasaba os veráns na localidade de Estorde, en Cee[6]. Durante os veráns coñeceu a súa compañeira, unha rapaza chamada Olalla[7].

Outros datos

Participou no videoclip da canción "Ya nada volvera ser como antes" do grupo pop El canto del loco, onde a moza lle marchaba co vocalista do grupo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas