Tenzón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sr:Тенсо
MastiBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pl:Tenso
Liña 31: Liña 31:
[[ja:テンソ]]
[[ja:テンソ]]
[[oc:Tenson (cançon)]]
[[oc:Tenson (cançon)]]
[[pl:Tenso]]
[[sr:Тенсо]]
[[sr:Тенсо]]

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2010 ás 04:09

Na tenzón interveñen dous interlocutores con teses contrarias

A tenzón é unha cantiga de xénero xocoso[1], constitúe un xénero menor da lírica occitana[2] elaborada en forma de debate aberto entre dous e ás veces máis poetas[3], é tamén subxénero da lírica medieval galego-portuguesa en que aparecen as críticas mutuas entre xograres e trobadores.

Características

A tenzón é un xénero menor das cantigas de escarnio. É unha cantiga de carácter dialogado en que, polo xeral, un dos interlocutores fala nunha estrofa e outro na seguinte. Na Arte de Trobar dise que as tenzóns poden ser de amor, de amigo ou de escarnio, mais hoxe téndese a falar de tenzóns coma unha variedade das cantigas de escarnio e maldizer.

Nesta composición dialogan un trobador e un xograr, co interese conseguinte da diferenza social e cultural que podían presentar. O primeiro que intervén elixe o argumento, o outro debe responder aténdose ó mesmo esquema métrico e rítmico. Hai pois unha tendencia á ridiculización pública e son, sen dúbida ningunha, a mellor crónica da vida e da sociedade da época.

Consérvanse trinta tenzóns galego-portuguesas: vinte e oito son burlescas e só dúas son de amor. Este xénero tivo o seu apoxeo na época de Afonso X o Sabio, xa que case todas corresponden ao período entre 1250 e 1280.

Notas

  1. Henrique Monteagudo. Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Galaxia, 1998, páxina 72
  2. William Doremus Paden Medieval lyric: genres in historical context. Urbana, 2000, páxina 28
  3. Frank M. Chambers An introduction to old Provençal versification, 1995. American Philosophical Society, páxina 41

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas