Miguel Anxo Araúxo Iglesias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 26: Liña 26:
* [[Premio Trasalba]] ([[1989]])
* [[Premio Trasalba]] ([[1989]])
* [[Grelo de Ouro]] ([[1992]]
* [[Grelo de Ouro]] ([[1992]]

{{Personalidades de Galicia en progreso}}
{{Personalidades de Galicia en progreso}}

[[Categoría:Escritores en lingua galega|Arauxo Iglesias, Miguel Anxo]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Arauxo Iglesias, Miguel Anxo]]
{{DEFAULTSORT:Arauxo Iglesias, Miguel Anxo}}

[[Categoría:Membros da Real Academia Galega|Arauxo Iglesias, Miguel Anxo]]
[[Categoría:Bispos da diocese de Mondoñedo|Arauxo Iglesias, Miguel Anxo]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Sacerdotes galegos|Arauxo Iglesias, Miguel Anxo]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Premio Trasalba|Arauxo Iglesias, Miguel Anxo]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]
[[Categoría:Bispos da diocese de Mondoñedo]]
[[Categoría:Sacerdotes galegos]]
[[Categoría:Premio Trasalba]]
[[Categoría:Nados no Pereiro de Aguiar]]

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2010 ás 23:35

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle, O Pereiro de Aguiar, e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Traxectoria

Carreira eclesiástica

Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.

O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia da igrexa galega, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, á que condenou nunha homilia. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.

Escritor e tradutor

Foi un gran potenciador dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de Estudios Mindonienses.

O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, cun discurso titulado A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro.

Entre as súas obras destacan:

  • A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975)
  • Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987)
  • Palabras para os amigos (1989)
  • Escritos pastorais (1990)
  • Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil
  • Memoria de vida (1993)
  • Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996).

Premios e honras


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.