Florencio Vaamonde: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 23: Liña 23:
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Vaamonde Lores, Florencio]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Vaamonde Lores, Florencio]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Vaamonde Lores, Florencio]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Vaamonde Lores, Florencio]]
[[Categoría: Nados en Bergondo]]


[[es:Florencio Vaamonde Lores]]
[[es:Florencio Vaamonde Lores]]

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2010 ás 21:29

Florencio Vaamonde Lores naceu en Bergondo (A Coruña) o 2 de abril de 1860, no seo de unha familia fidalga. Trátase de un dos escritores máis destacados do Rexurdimento, preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Boa mostra disto radica no feito de que fose un dos membros fundadores da Real Academia Galega (1906). Alén disto, colaborou na Revista Gallega de Galo Salinas. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais quiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma (Os Calaicos, 1894). É o autor, pois, do mito de María Pita (o cal sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras, despréndese a vontade de crear unha lingua culta.

Alén disto, abrazou a ideoloxía rexionalista e acudiu ás tertulias da Cova Céltica, celebradas na libraría que Uxío Carré Aldao tiña na Coruña.

Vaamonde Lores faleceu na cidade da Coruña o 20 de outubro de 1925.

Obra

Poesía épica

Poesía

Prosa

Ensaio

  • Resume da Historia de Galicia (1898).
  • Historia de la Agricultura en Galicia (1910).