Lucas Labrada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
traxectoria
Liña 9: Liña 9:


[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Ferrol]]


[[es:Lucas Labrada]]
[[es:Lucas Labrada]]

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2010 ás 13:47

Lucas José de los Dolores Labrada Romero (nado en Ferrol o 18 de outubro de 1762 e falecido na Coruña en agosto de 1842), foi un ilustrado galego, autor dunha descrición económica da Galiza.

Traxectoria

En 1784 era empregado do Real Consulado da Coruña, obtendo en 1787 a praza de porteiro da mesma institución. En 1790 presenta un Plan de gobierno de los porteros e auxilia ao enxeñeiro de obras do Consulado. Despois ocupa durante catro anos a secretaría do organismo de xeito interino. Máis tarde intentou acceder, sen éxito, á cátedra de Matemáticas da Universidade compostelana. En 1802 accedeu ao posto, xa fixo, de secretario do Real Consulado.

Nos anos da ocupación napoleónica aparece como un afrancesado, prestando servizos de intérprete do Estado maior francés. Porén, en 1820 figura na Xunta de Censura dos liberais coruñeses, e pasa a ser favorecido coa praza de secretario da nova Deputación provincial de Ourense, posto que non mantivo trala reposición absolutista de 1823, aínda que puido retornar como secretario do Consulado herculino, institución á que aparece ligado ata a súa morte en agosto de 1842.

A súa obra máis importante foi a Descripción económica del Reyno de Galicia, publicada en Ferrol en 1804. Nesa obra, valéndose en ocasións de corresponsais, levanta acta do estado económico do reino a fins do século XVIII. O libro constitúe unha preciosa fonte historiográfica, utilizada constantemente. A Editorial Galaxia fixo unha reedición en 1971.