Modesto Brocos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 32: Liña 32:


==Ligazóns externas==
==Ligazóns externas==

* {{gl}} [http://www.fundacioncaixagalicia.org/portal/site/Fundacion/menuitem.827a95e3380876b6a68e76b1805101ca/?vgnextoid=e7a1eec152ef8010VgnVCM1000000b1510acRCRD&id=c7a1eec152ef8010VgnVCM1000000b1510ac____ Ficha de Modesto Brocos na ''Fundación CaixaGalicia''.]
* {{gl}} [http://www.fundacioncaixagalicia.org/portal/site/Fundacion/menuitem.827a95e3380876b6a68e76b1805101ca/?vgnextoid=e7a1eec152ef8010VgnVCM1000000b1510acRCRD&id=c7a1eec152ef8010VgnVCM1000000b1510ac____ Ficha de Modesto Brocos na ''Fundación CaixaGalicia''.]
* {{pt}} [http://www.dezenovevinte.net/bios/bio_mb.htm Dezenovevinte - MODESTO BROCOS]
* {{pt}} [http://www.dezenovevinte.net/bios/bio_mb.htm Dezenovevinte - MODESTO BROCOS]



{{DEFAULTSORT:Brocos}}
{{DEFAULTSORT:Brocos}}
[[Categoría:Pintores galegos|Brocos]]
[[Categoría:Pintores galegos|Brocos]]
[[Categoría:Pintores de Brasil]]
[[Categoría:Pintores de Brasil]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]

[[pt:Modesto Brocos]]
[[pt:Modesto Brocos]]

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2010 ás 10:42

Engenho de mandioca (Muiño de mandioca), 1892

Modesto Brocos y Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1852 e finado en Rio de Xaneiro en 1936, foi un pintor galego-brasileiro.


Traxectoria

Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida en Arxentina, mais dous anos despois estaba en Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.

Em 1875 inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.

De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisino. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.

Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).


Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Modesto Brocos y Gómez


Bibliografía

  • (en portugués) José Roberto Teixeira Leite: Pintores espanhois no Brasil, São Paulo, Espaço Cultural Sérgio Barcellos, 1996.

Ligazóns externas