Emilio Viqueira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño na template
Liña 97: Liña 97:
[[Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva]]
[[Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva]]
[[Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]


[[ar:إميليو خوسيه فيكييرا]]
[[ar:إميليو خوسيه فيكييرا]]

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2010 ás 10:22

Viqueira
Información persoal
Nome Emilio José Viqueira Moure
Nacemento 20 de setembro de 1974
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Altura 1,83
Posición Centrocampista
Na rede
Twitter: viqueira_moure Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Emilio José Viqueira Moure, nado o 20 de setembro de 1974 en Santiago de Compostela, é un ex futbolista galego. Xogaba de centrocampista e o seu derradeiro club foi o Xerez CD, equipo no que actualmente desempeña o labor de director deportivo.

Biografía

Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, que estivo no mítico "Superdépor" e non tivo sitio, co cal tivo que buscarse a vida en Segunda División. Chega ao Xerez CD, club no que non brilla, e márchase ao Recreativo de Huelva de Primeira División.

Xa ao ano seguinte, a tempada 2003/04 e á 2004/05 o xogador continua no Recre, sendo un fixo da titularidade, ademais dun novo ídolo da afección, o xa coñecido da tempada anterior como o "Mago" Viqueira, especialmente polos seus lanzamentos de faltas.

A tempada 2005/06, outra gran tempada para o decano, termina nun ascenso a Primeira División, en primeira posición e cun equipo ben labrado, non como os outros dous que ascenderon en anteriores ocasións. Ademais hai experiencia adquirida xa, a xunta directiva e a presidencia é a mesma e comezan a levarse a cabo fichaxes e renovacións con bastante seriedade.

A tempada 2006/07 Viqueira é un dos alicerces do Recreativo de Huelva revelación do campionato.

Finalmente termina a tempada (e o seu contrato) e formaliza o seu traspaso polo Levante UD. A mala situación económica e deportiva do club lévalle a buscar unha salida no mercado de inverno e regresa como cedido ao CD Xerez.

Persoal

Mentres xogaba no Levante UD tivo un accidente de tráfico regresando duns días de descanso por Despeñaperros, do que saíu ileso, xunto a toda a súa familia.

Traxectoria

Club País Ano
RC Deportivo da Coruña B Galicia Galicia 19951997
Campomaiorense Portugal Portugal 1997/1998
RC Deportivo da Coruña B Galicia Galicia 19982000
Xerez CD España España 20002002
Recreativo de Huelva España España 20022007
Levante UD España España 2007
Xerez CD (cedido) España España 2008
Xerez CD España España 20082010

Palmarés

Éxitos personais e outros méritos

  • Xogador da Selección Galega de fútbol dende 2005.
  • Formou parte do primeiro conxunto do decano que acadou a permanencia en Primeira División rematando oitavo.