Emo: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: lv:Emo (mūzikas žanrs); cambios estética |
m bot Engadido: mn:Эмо |
||
Liña 38: | Liña 38: | ||
[[lt:Emo]] |
[[lt:Emo]] |
||
[[lv:Emo (mūzikas žanrs)]] |
[[lv:Emo (mūzikas žanrs)]] |
||
[[mn:Эмо]] |
|||
[[ms:Emo]] |
[[ms:Emo]] |
||
[[nah:Emo]] |
[[nah:Emo]] |
Revisión como estaba o 4 de setembro de 2010 ás 05:05
Emo é un estilo de música rock que se caracteriza pola súa música máis lenta e melodiosa, tamén se caracteriza polas súas letras, de cariz persoal, no que abunda a introspección abordando emocións e estados de animo converténdose, moitas veces, en auténtica poesía, evitando a música puramente comercial.
Orixe
Na xénese do estilo foi fundamental o álbum dos Hüsker Dü Zen Arcade, publicado en 1984 e o Throb Throb de Naked Raygun, de 1985 que influíu especialmente no movemento hardcore punk de Washington, xurdindo o termo "emotional hardcore" ou "emocore" para definir as bandas hardcore punk cunha sonoridade máis melódica e rica as bandas procuraban un estilo máis creativo, utilizando tamén cambios de ritmo e crescendos, nesa primeira época salientaban o bandas como Rites of Spring e Embrace. Do seu estilo fixéronse eco outras bandas de contemporáneas de punk estadounidenses, cambiando o seu son e significado cara ó punk pop e o indie rock na década de 1990 con grupos como Jawbreaker e Sunny Day Real Estate, cun estilo máis melódico e menos caótico cas súas predecesoras. A mediados da década de 1990 varios selos independentes comezaron a especializarse no estilo.
Popularización
A partir do ano 2000 o emo comezou a se facer máis coñecido, co éxito de vendas de Jimmy Eat World e Dashboard Confessional e a aparición dun subxénero máis agresivo, o screamo. Actualmente os críticos e xornalistas aplícanlle o termo emo a grupos como Fall Out Boy, My Chemical Romance, Coheed and Cambria ou Panic at the Disco.