Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) data |
+cat |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
[[Categoría:Presidentes de España]] |
[[Categoría:Presidentes de España]] |
||
[[Categoría:Ministros de España]] |
[[Categoría:Ministros de España]] |
||
[[Categoría:Nados en Ponteareas]] |
|||
[[ca:Gabino Bugallal Araujo]] |
[[ca:Gabino Bugallal Araujo]] |
Revisión como estaba o 2 de setembro de 2010 ás 12:01
Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.
Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.
Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.
Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.
Predecesor: Eduardo Dato Iradier |
Presidente do Goberno de España 1921 |
Sucesor: Manuel Allendesalazar Muñoz |