Captain America: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: br:Captain America
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 33: Liña 33:
[[ca:Capità Amèrica]]
[[ca:Capità Amèrica]]
[[de:Captain America]]
[[de:Captain America]]
[[el:Κάπταιν Αμέρικα]]
[[en:Captain America]]
[[en:Captain America]]
[[es:Capitán América]]
[[es:Capitán América]]

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2010 ás 09:09

En galego Capitán América. Personaxe de cómic creado en setembro de 1940 por Joe Simon, Jack Kirby e Martin Goodman para a revista Timely. Sendo os tres xudeus, pensaron na creación dun superheroe que combatese a Adolf Hitler no bando dos aliados (os EUA aínda non entraran na contenda). Modelo:Caixasuperheroes

Primeira época

No nº1 de Captain America Comics, aparecían tamén o seu compañeiro Bucky e o malvado Cranio Vermello. Ese primeiro número saíu á venda o 20 de decembro de 1940. A boa acollida do público fixo que Kirby e Simon contrataran outro guionista: Stanley Martin Lieber, quen co tempo sería o inspirador e verdadeira álma máter do Universo Marvel. O derradeiro número desta saga apareceu en 1950 (era o número 75).

A mediados dos anos 50, aparecerían tres números máis de Captain America Comics (do nº76 ó nº78).

Na Era Marvel dos cómics

A principios dos 60, o dúo Stan Lee e Jack Kirby comezaron a Era Marvel dos cómics coas aventuras dos 4 fantásticos. Aproveitaron para volver a lanzar os éxitos da idade de ouro da revista Timely: Namor, a Tea Humana e por suposto o Capitán América. No Strange Tales nº114 (1963), un dos compoñentes dos 4 fantásticos atópase de súpeto co Capitán América, pero este en realidade é o Acróbata, que se disfraza do Capitán para cometer crimes.

O verdadeiro Capitán América voltaría definitivamente ós quioscos no número 4 USA dos Vingadores (novembro de 1964). Kirby e Lee decidiron darlle unha colección propia dentro dos Tales of Suspense. Nesa colección de historias curtas, compartía aventuras co Home de Ferro.

Modelo:Link FA