Lois XVI de Francia: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ro:Ludovic al XVI-lea al Franței |
Sen resumo de edición |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
|imaxe = [[Ficheiro:Ludvig XVI av Frankrike porträtterad av AF Callet.jpg|200px]] |
|imaxe = [[Ficheiro:Ludvig XVI av Frankrike porträtterad av AF Callet.jpg|200px]] |
||
|cargoexecutivo1= [[Lista de monarcas de Francia|Rei de Francia]] e [[Lista de monarcas de Navarra|Navarra]] |
|cargoexecutivo1= [[Lista de monarcas de Francia|Rei de Francia]] e [[Lista de monarcas de Navarra|Navarra]] |
||
|periodo1= [[10 de maio]] de [[1774]] - [[ |
|periodo1= [[10 de maio]] de [[1774]] - [[10 de outubro]] de [[1789]]<ref name="Rei dos franceses">[http://books.google.es/books?id=yTUOAAAAQAAJ&as_brr=3&client=firefox-a&pg=PA32#v=onepage&q&f=false Le Moniteur]</ref> |
||
|antecesor1= [[Luís XV de Francia]] |
|antecesor1= [[Luís XV de Francia]] |
||
|sucesor1= Convención nacional<br /> [[Napoléon Bonaparte]] |
|sucesor1= Convención nacional<br /> [[Napoléon Bonaparte]] |
||
|cargoexecutivo2= |
|cargoexecutivo2= [[Lista de monarcas de Francia|Rei dos franceses]] |
||
|periodo2= [[10 de outubro]] de [[1789]]<ref name="Rei dos franceses"></ref> - [[10 de setiembre]] de [[1791]] |
|||
|periodo2= |
|||
|antecesor2= |
|antecesor2= |
||
|sucesor2= |
|sucesor2= |
Revisión como estaba o 27 de agosto de 2010 ás 13:29
Luís XVI de Borbón, nacido en 1754 en Versalles e executado o 21 de xaneiro de 1793 en París, foi rei de Francia (1774-1791), e despois rei dos Franceses (1791-1792). Era fillo do delfín Luís e de María Xosefa da Saxonia e esposo de María Antonieta de Austria (con quen casou aos 16 anos).
Cando subiu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa, altura en que Luís XVI foi deposto. Aconsellado por Maurepas, escolleu para ministros homes de talento: Saint-Germain, Turgot, Malesherbes. Reconvocou o Parlamento, mais este voltou a facerlle oposición. O rei tivo que abandonar os seus ministros reformistas (1776), substituíndoos por Necker, tamén destituído despois de ter publicado a Prestación de contas ao rei sobre o estado das finanzas (1781).
Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.
A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne, seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.
Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de Versalles para París (outubro de 1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes (20 de xuño de 1791), cando foi feita prisioneira da Comuna insurrecional (10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Luís XVI, desmoralizado pola súa fallida tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traición, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.
Pénsase que as chamas da Revolución en parte, foron influenciadas polas mentiras que rodearom o famoso escándalo do colar, polo feito do rei dar voz á súa esposa, imprudentemente, sobre asuntos políticos e ainda o odio que moitos membros da nobreza e clero tiñan contra María Antonieta, da liñaxe dos Habsburgo, eternos rivais dos Borbóns e pola súa frivolidade e gusto polo luxo.
Descendencia
Do seu casamento con María Antonieta, arquiduquesa da Austria, tivo os seguintes fillos:
- María Teresa Carlota (1778-1851), Madame Royale, casou en 1799 con Luís Antonio de Artois, Duque de Angoulême;
- Luís Xosé Xavier Francisco (1781-1789), 1º Delfín de Francia;
- Luís Carlos (1785-1795) Duque de Normandía, 2ª Delfín de Francia e futuro Luís XVII;
- Sofia Beatriz (1786-1787).
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lois XVI de Francia |
Rei de Francia | ||
---|---|---|
Segue a: Luís XV de Francia |
Lois XVI de Francia | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Dinastía Borbón |