Bares, Mañón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
troco imaxe
PepedoCouto (conversa | contribucións)
actualizo nº de hab.
Liña 5: Liña 5:
|concello = Mañón
|concello = Mañón
|superficie = -
|superficie = -
|poboación = (Ano 2004)
|poboación = 206 (Ano 2009)
|densidade = -
|densidade = -
|entidades = 5
|entidades = 5

Revisión como estaba o 22 de agosto de 2010 ás 19:02

Bares
Igrexa de Santa María
ConcelloMañón
Coordenadas43°46′16″N 7°41′02″O / 43.771111111111, -7.6839838888889Coordenadas: 43°46′16″N 7°41′02″O / 43.771111111111, -7.6839838888889
Área- km²
Poboación206 (Ano 2009) hab.
DensidadeErro de expresión: Operador "(" inesperado. hab./km²
Entidades de poboación5
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:Mañón poboación {{{ano}}}]]

Santa María de Bares é unha parroquia do concello de Mañón situada no extremo esquerdo da ría do Sor.

O extremo desta península chámase a Estaca de Bares. Na Estaca hai un parque eólico, precisamente nunha localización na que eran abondosos, noutrora, os muíños de vento e as aceas.

O Semáforo de Bares serviu de axuda á navegación durante varios séculos e foi levantado a petición dos ingleses.

Historia

Situación da parroquia no concello de Mañón.

O porto de Bares aparece citado por primeira vez o ano 916 nun documento do rei Ordoño II, quen concedeu o señorío da Vila de Bares e un mosteiro sito na parroquia de Mogor ao bispo de Mondoñedo Sabarico II. Pero a súa existencia como vila e como porto se remonta a moitos séculos antes. Atopáronse moedas fenicias, tégulas, ánforas e unha necrópole romana. Atopáronse tamén varias mámoas.

O peirao do porto de Bares, unha magnífica construción a xeito de escolleira de grandes pelouros coñecida co nome de O Coído pode considerarse o porto máis antigo dos coñecidos no Noroeste da Península Ibérica, talvez de orixe fenicia. Moitos expertos, incluíndo Federico Maciñeira e Fernando Alonso Romero, asignáronlle unha cronoloxía pre ou protohistórica, tendo en conta os frecuentes e importantes achádegos efectuados neste lugar. Unha teoría alternativa é a de que é se remonta ao século XIII ou XIV, cando se xeneralizou a caza da balea no litoral cantábrico, e Bares converteuse nun porto refuxio para os barcos baleeiros.

Quedan os restos dunha base do Exército dos Estados Unidos, pertencendo ao sistema LORAN para control das comunicacións aéreas. Foi abandonada no ano 1991 tras a caída do Muro, e a redución de gastos militares dos Estados Unidos.

Tamén pode atoparse no alto do monte de Bares unha garita de pedra que entraba en comunicación con outras dúas en Espasante e no alto do Ortegal, cumprindo unha misión de vixilancia do territorio. A súa orixe estímase no século XVIII.

Lugares e Parroquias

Lugares de Bares

Lugares da parroquia de Bares no concello de Mañón (A Coruña)

Anido | Campelo | O Faro da Estaca de Bares | O Porto de Bares | A Vila de Bares | Vilela

Parroquias de Mañón

As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón

Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo)

Véxase tamén

Outros artigos