Burguesía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MastiBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: be:Буржуазія
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hr:Buržoazija
Liña 25: Liña 25:
[[fr:Bourgeoisie]]
[[fr:Bourgeoisie]]
[[he:בורגנות]]
[[he:בורגנות]]
[[hr:Buržoazija]]
[[hu:Burzsoázia]]
[[hu:Burzsoázia]]
[[hy:Բուրժուազիա]]
[[hy:Բուրժուազիա]]

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2010 ás 17:50


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Burguesía é un termo empregado en economía, política e socioloxía para describir de forma xeral unha parte da sociedade, que no seu conxunto é a posuidora da maior parte dos bens produtivos, o que a converte nunha forma importante do poder económico. A súa recente conformación de poder foi orixinada das ganancias do comercio na época feudal, pero diversificouse cando foron capaces de tomar o poder político en diversos lugares ou países.

O termo burguesía comezouse a utilizar na Idade Media para designar o conxunto de comerciantes que acumulaban riquezas provintes dos seus negocios. Surxiu a partir de que estes comerciantes instalábanse nas aforas das fortalezas feudais (burgos), e de aí procede bourgois (burgués, en francés). Co avance dos medios de produción, a burguesía foi desenvolvendo unha oposición de tipo político ós señores feudais, que comezaban a decaer, e cos anos desprazou do poder político o feudalismo coa Revolución francesa, dando paso a un novo sistema imperante, coñecido como capitalismo.