Augardente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m erro meu o anterior
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Pattar, sv:Aguardiente
Liña 33: Liña 33:
[[en:Aguardiente]]
[[en:Aguardiente]]
[[es:Aguardiente]]
[[es:Aguardiente]]
[[eu:Pattar]]
[[fr:Aguardiente]]
[[fr:Aguardiente]]
[[it:Aguardiente]]
[[it:Aguardiente]]
[[nl:Aguardiente]]
[[nl:Aguardiente]]
[[pt:Aguardente]]
[[pt:Aguardente]]
[[sv:Aguardiente]]

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2010 ás 13:58

A augardente é o nome co que se designa un espectro de bebidas alcólicas destiladas, de entre 40 e 45 graos, que poden ser bebidas, xa sexa puras, engadidas son outras bebidas, aromatizadas ou mesturadas. Obtéñense por destilación do viño ou de determinados cereais, froitas ou sementes, como centeo, cebada, baias de xenebreiro, cereixas, uvas, cana de azucre e o anís, entre outras. O nome deriva do latín aqua ardens, termo co que se chamaba ao alcol obtido por destilación.

A augardente en Galicia

A augardente, tamén chamada co castelanismo caña en moitas partes de Galicia é un licor obtido da destilación dos restos da uva que quedan logo de elabora-lo viño, chamados bagazo. É un licor transparente, cunha gradación de alcol superior aos 50 graos.

Variedades

  • Augardente branca: de cor transparente
  • Augardentde de herbas: engade distintas herbas aromáticas durante o seu proceso de destilado; de cor dourada.
  • Augardente torrada: de cor marrón clara.

Historia

En Galicia, tradicionalmente, os augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, e que obtiñan con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional (novembro) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co alambique onde se preparaba a destilación.

Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha denominación de orixe que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina Orujo de Galicia.

En 2005, a denominación de orixe amparaba a 39 embotelladores cunha produción anual de 169.908 litros de augardente branca, 220 litros de augardente de herbas e 2.358 litros de licor de herbas, ademais de 1.715 litros de licor café [1].

Utilidade

A augardente é a base alcólica da queimada, e mais tamén doutros licores como o licor café ou o licor de guindas. Tómase tamén soa e frecuentemente acompañando o café.

Notas

  1. Anuario de Estatística Agraria 2005, Consellería do Medio Rural.

Véxase tamén

Ligazóns externas