Artes liberais: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m category:pedagoxía, máis ligazóns e estilo
Sobreira (conversa | contribucións)
m + ligs
Liña 2: Liña 2:
[[Image:Artes Liberales.jpg|180px|right|thumb|As sete artes liberais – [[Hortus deliciarum]] de [[Herrad von Landsberg]] ([[século XII]])]]
[[Image:Artes Liberales.jpg|180px|right|thumb|As sete artes liberais – [[Hortus deliciarum]] de [[Herrad von Landsberg]] ([[século XII]])]]


Durante a [[Idade Media]], as artes liberais conformaban a parte central do [[currículum]] das [[universidade]]s. [[Alcuíno]], conselleiro intelectual de [[Carlomagno]] adoptounas como base da reforma escolar levada a cabo durante o periodo do ''[[Renacemento carolinxio]]''). Nas teorías educativas medievais o ''quadrivium'' seguía o traballo preparatorio do ''trivium''. Aínda que o esquema de trivium e quadrivium é ás veces coñecido como "educación clásica" correspóndese fundamentalmente cun desenvolvemento medieval que chega ós séculos XII e XIII.
Durante a [[Idade Media]], as artes liberais conformaban a parte central do [[currículum]] das [[universidade]]s. [[Alcuíno]], conselleiro intelectual de [[Carlomagno]] adoptounas como base da reforma escolar levada a cabo durante o periodo do ''[[Renacemento carolinxio]]''). Nas teorías educativas medievais o ''quadrivium'' seguía o traballo preparatorio do ''trivium''. Aínda que o esquema de trivium e quadrivium é ás veces coñecido como "educación clásica" correspóndese fundamentalmente cun desenvolvemento medieval que chega ós séculos [[século XII|XII]] e [[século XIII|XIII]].


O ámbito e alcance das artes liberais evolucionou no tempo. Incialmente refería a educación das élites nos clásicos. [[Boecio]], o "último romano, o primeiro escolástico", nunha tentativa case desesperada de transmitir ós novos donos de Italia a civilización clásica, permanece no reino dos ostrogodos para tentar ensinarlhes os rudimentos do quadrivium. Do século VI en diante o sistema medieval de estudos académicos corresponderase co esquema duplo dos contidos do [[trivium]] e [[quadrivium]] pero coa aparición das [[Humanidades]] e da [[Ciencia]] na época da [[Ilustración]], o significado de "artes liberais" esténdese ata abranguer a ambas. Son aínda excluídas das artes liberais ocupacións específicas como a [[agricultura]], os negocios, a [[enxeñaría]], a [[pedagoxía]], a [[medicina]] ou a [[farmacia]].
O ámbito e alcance das artes liberais evolucionou no tempo. Incialmente refería a educación das élites nos clásicos. [[Boecio]], o "último romano, o primeiro escolástico", nunha tentativa case desesperada de transmitir ós novos donos de [[Italia]] a civilización clásica, permanece no reino dos [[ostrogodos]] para tentar ensinarlles os rudimentos do quadrivium. Do [[século VI]] en diante o sistema medieval de estudos académicos corresponderase co esquema duplo dos contidos do [[trivium]] e [[quadrivium]] pero coa aparición das [[Humanidades]] e da [[Ciencia]] na época da [[Ilustración]], o significado de "artes liberais" esténdese ata abranguer a ambas. Son aínda excluídas das artes liberais ocupacións específicas como a [[agricultura]], os negocios, a [[enxeñaría]], a [[pedagoxía]], a [[medicina]] ou a [[farmacia]].


As sete '''artes liberais''' que se ensinaban na antigüidade comprendían dous grupos de estudos: o ''[[trivium]]'' e o ''[[quadrivium]]''. Eran estas (acompáñadas a seguir da súa materia principal en [[latín]]):
As sete '''artes liberais''' que se ensinaban na antigüidade comprendían dous grupos de estudos: o ''[[trivium]]'' e o ''[[quadrivium]]''. Eran estas (acompáñadas a seguir da súa materia principal en [[latín]]):

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2006 ás 22:58

O concepto de arte liberal, herdado da antigüidade clásica, fai referencia ó seu cultivo por "homes libres" en oposición ás "artes servís". O termo artes liberais (en latín artes liberales) designaba os estudos que tiñan como propósito ofrecer coñecementos xerais e destrezas intelectuais antes que destrezas profesionais ou ocupacionais especializadas.

Ficheiro:Artes Liberales.jpg
As sete artes liberais – Hortus deliciarum de Herrad von Landsberg (século XII)

Durante a Idade Media, as artes liberais conformaban a parte central do currículum das universidades. Alcuíno, conselleiro intelectual de Carlomagno adoptounas como base da reforma escolar levada a cabo durante o periodo do Renacemento carolinxio). Nas teorías educativas medievais o quadrivium seguía o traballo preparatorio do trivium. Aínda que o esquema de trivium e quadrivium é ás veces coñecido como "educación clásica" correspóndese fundamentalmente cun desenvolvemento medieval que chega ós séculos XII e XIII.

O ámbito e alcance das artes liberais evolucionou no tempo. Incialmente refería a educación das élites nos clásicos. Boecio, o "último romano, o primeiro escolástico", nunha tentativa case desesperada de transmitir ós novos donos de Italia a civilización clásica, permanece no reino dos ostrogodos para tentar ensinarlles os rudimentos do quadrivium. Do século VI en diante o sistema medieval de estudos académicos corresponderase co esquema duplo dos contidos do trivium e quadrivium pero coa aparición das Humanidades e da Ciencia na época da Ilustración, o significado de "artes liberais" esténdese ata abranguer a ambas. Son aínda excluídas das artes liberais ocupacións específicas como a agricultura, os negocios, a enxeñaría, a pedagoxía, a medicina ou a farmacia.

As sete artes liberais que se ensinaban na antigüidade comprendían dous grupos de estudos: o trivium e o quadrivium. Eran estas (acompáñadas a seguir da súa materia principal en latín):

O trivium

O trivium, (lat. "tres vías ou camiños") agrupaba as disciplinas literarias (relacionadas coa elocuencia). A máxima latina Gram. loquitur, Dia. vera docet, Rhet. verba colorat resume os contidos e ensinanzas de cada unha delas:

  • Gramática, a ciencia do uso correcto da lingua, axuda a falar;
  • Dialéctica, a ciencia do pensamento correcto, axuda a buscar a verdade;
  • Retórica, a ciencia da expresión, ensina a colorear as palabras;

O quadrivium

O quadrivium (lat. "catro camiños"), agrupaba as disciplinas científicas relacionadas coas matemáticas. A máxima latina rezaba Ar. numerat, Geo ponderat, As. colit astra Mus. canit. Eran estas:


Referencias bibliográficas

  • Charles Blaich, Anne Bost, Ed Chan, e Richard Lynch (2004) Defining Liberal Arts Education. Center of Inquiry in the Liberal Arts.
  • Sister Miriam Joseph (2002) The Triviuum: The Liberal Arts of Logic, Grammar, and Rhetoric. Paul Dry Books.
  • Brand Blanshard (1973) The Uses of a Liberal Education: And Other Talks to Students. Open Court.