Maximiliano I de México: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: nah:Maximiliano I (Mēxihco) |
m bot Modificado: el:Μαξιμιλιανός Α' του Μεξικού |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
[[da:Maximilian 1. af Mexico]] |
[[da:Maximilian 1. af Mexico]] |
||
[[de:Maximilian I. (Mexiko)]] |
[[de:Maximilian I. (Mexiko)]] |
||
[[el:Μαξιμιλιανός |
[[el:Μαξιμιλιανός Α' του Μεξικού]] |
||
[[en:Maximilian I of Mexico]] |
[[en:Maximilian I of Mexico]] |
||
[[eo:Maksimiliano (Meksiko)]] |
[[eo:Maksimiliano (Meksiko)]] |
Revisión como estaba o 15 de agosto de 2010 ás 13:03
Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg-Lothringen, nado o 6 de xullo de 1832 en Viena e finado o 19 de xuño de 1867 en Santiago de Querétaro, foi arquiduque de Austria e príncipe de Hungría e Bohemia, mais renunciou aos seus títulos para converterse no emperador Maximiliano I de México, quen encabezou o Segundo Imperio Mexicano, entre 1863 e 1867.
Era irmán do emperador de Austria, Francisco Xosé e curmán de Pedro II do Brasil. Casado coa princesa Carlota de Bélxica, tamén coñecida como emperatriz Carlota de México. Foi persuadido polo emperador francés Napoleón III e por realistas mexicanos a aceptar a coroa do recén-fundado Imperio Mexicano (1864-1867).
A Aventura de Maximiliano de Habsburgo - como foi chamada no México - non pasou dun triste episodio de intereses creados, inxenuidade e desespero. Os conservadores viron na súa persoa a posibilidade de manter un sistema político que lles era cómodo e que lles parecía seguro por contar co apoio de Francia, de Inglaterra e da Santa Sé. O arquiduque austríaco, pola súa parte, de certo modo condenado a ser sempre o irmán do emperador de Austria, aceptou o papel que lle era ofrecido desempeñar nun país completamente descoñecido para el e sumido nunha profunda crise política.
Debido ás súas tendencias liberais, logo perdeu o apoio dos conservadores. Foi o punto de mira das hostilidades dos seguidores de Benito Juárez, os republicanos, ao ordenar a execución sumaria dos seus líderes (1865). A única protección de Maximiliano era a presenza de tropas francesas; cando estas se retiraron (1866-1867), el asumíu persoalmente o comando de seus soldados. Após dun cerco en Santiago de Querétaro, foi capturado, aprisionado, xulgado por unha corte marcial e fusilado xunto cos seus xenerais Tomás Mejía e Miguel Miramón.
Coa súa morte, a pretensión ao trono mexicano foi reivindicada por dous ramos distintos. Os Habsburgo-Itúrbide, por pedimento dos netos do primeiro emperador de México Agustín de Iturbide.