Post-grunge: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: id:Post-grunge
Liña 39: Liña 39:
[[fr:Post-grunge]]
[[fr:Post-grunge]]
[[he:פוסט-גראנג']]
[[he:פוסט-גראנג']]
[[id:Post-grunge]]
[[it:Post-grunge]]
[[it:Post-grunge]]
[[ja:ポスト・グランジ]]
[[ja:ポスト・グランジ]]

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2010 ás 08:43

Post-grunge
Orixe musicalGrunge, rock alternativo, hard rock, pop-rock, modern rock
Orixe culturalPrincipios dos 90 en Florida, Ontario, sur de California, Seattle, Georgia
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería

O post-grunge é un subxénero do rock alternativo que emerxeu a principios dos anos 90 como un derivado da música grunge, utilizando os sons e a estética deste pero cun estilo máis comercial.

Orixes

Xeralmente, as bandas etiquetadas como tal son bandas moi influídas polo grunge, e a súa música adoita incorporar guitarras distorsionadas, letras cheas de angustia, e o dinamismo "alto-baixo" do grunge, pero producido dun xeito máis comercial.

Aínda que hai excepcións, moitos grupos de post-grunge non especifican ás bandas de grunge como influencias. Máis ben, acostuman citar como tales ás bandas que influenciaron o desenvolvemento do grunge mesmo, coma os Melvins e as primeiras bandas de hard rock coma Led Zeppelin e Black Sabbath.

Historia

Os primeiros álbums exitosos do post grunge foron Sixteen Stone, da banda británica Bush, e Throwing Copper de Live. Estes traballos contiñan gran cantidade de hits, ao contrario que os álbums máis recentes de bandas grunge como Nirvana e Pearl Jam, que só contaban cun ou dous hits. Bandas coma Everclear, Collective Soul, Silverchair e Candlebox non tardarían en seguilos.

Preto do 1994 o post-grunge, xunto co rock alternativo en xeral, adiantara ao grunge como o principal formato rock nos Estados Unidos, mentres que en Gran Bretaña o britpop fixérase masivamente popular. Porén, cara a finais da década, cunhas carreiras decepcionantes de moitos artistas post-grunge, só un feixe de bandas sobreviviron, entre elas Foo Fighters, a banda de Dave Grohl, ex-baterista de Nirvana, xa que os seus dous primeiros traballos poden considerarse parte da corrente post-grunge.

Hoxe en día hai unha serie de bandas aínda comercialmente florecentes dentro deste xénero, entre elas destacan Nickelback, Three Days Grace, Puddle of Mudd, Seether e 3 Doors Down.

Véxase tamén

Ligazóns externas