Escrituras paleohispánicas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 17: Liña 17:
* A [[escritura celtibérica]].
* A [[escritura celtibérica]].


== Gakería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==
<gallery>
<gallery>
Image:Signari d'Espanca.jpg|El [[signario de Espanca]] ([[Castro Verde]]).
Image:Signari d'Espanca.jpg|El [[signario de Espanca]] ([[Castro Verde]]).
Image:I tarteso.jpg|[[Escritura tartésica]]. Estela de Fonte Velha (Bensafrim, [[Lagos]]).
Image:I tarteso.jpg|[[Escritura tartésica]]. Estela de Fonte Velha (Bensafrim, [[Lagos, Algarve|Lagos]]).
Image:Plom I de La Bastida (Cara A).jpg|[[Escritura ibérica suroriental]]. Cara A do chumpo de La Bastida de las Alcusas ([[Mogente]]).
Image:Plom I de La Bastida (Cara A).jpg|[[Escritura ibérica suroriental]]. Cara A do chumpo de La Bastida de las Alcusas ([[Mogente]]).
</gallery>
</gallery>

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2010 ás 00:51

Escrituras paleohispánicas

As escrituras paleohispánicas son os sistemas de escritura que foron creados na Península Ibérica antes de que o alfabeto latino se convertese no sistema de escritura dominante.

Historia

Estas escrituras usáronse con certeza desde como mínimo o século –V, quizais a partir do s. -VII segundo algunhas hipóteses, ata finais do século -I ou principios do século I e foron o principal vehículo de expresión das linguas paleohispánicas. Agás o alfabeto greco-ibérico, que é unha adaptación do alfabeto grego xónico, o resto de escrituras paleohispánicas comparten unha característica tipolóxica distintiva: presentan signos con valor silábico, para as oclusivas, e signos con valor alfabético, para o resto de consoantes e vogais. A partir do punto de vista da clasificación dos sistemas de escritura, non é nin un alfabeto nin un silabario, senón unha escritura mixta que se identifica normalmente como semisilabario.

As escrituras paleohispánicas pódense agrupar en dous grandes grupos, meridional e nororiental, posto que, aínda que ambos grupos utilizan un repertorio de signos similar, se diferencian claramente polos valores que os signos representan. Sobre a súa orixe non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe está directa e unicamente vinculado ao alfabeto fenicio, mentres que para outros na súa creación tamén influiría o alfabeto grego.

As inscricións que usan os signarios meridionais apareceron fundamentalmente na metade sur da península ibérica, representan o 5% do total conservado e moi maioritariamente escríbense de dereita a esquerda:

As inscricións que usan os signarios nororientais apareceron fundamentalmente no cuadrante nororiental da península ibérica, representan o 95% do total conservado e moi maioritariamente escríbense de esquerda a dereita:

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hoz, Javier de (2005): «La recepción de la escritura en Hispania como fenómeno orientalizante», Anejos del Archivo Español de Arqueología XXXV, pp. 363-380.
  • Correa, José Antonio (2005): «Del alfabeto fenicio al semisilabario paleohispánico», Palaeohispanica 5, pp.137-154.
  • Rodríguez Ramos, Jesús (2004): Análisis de epigrafía íbera, Vitoria-Gasteiz.
  • Untermann, Jürgen : Monumenta Linguarum Hispanicarum, Wiesbaden. (1975): I Die Münzlegenden. (1980): II Die iberischen Inschriften aus Sudfrankreicht. (1990): III Die iberischen Inschriften aus Spanien. (1997): IV Die tartessischen, keltiberischen und lusitanischen Inschriften.
  • Velaza, Javier (2004): «La escritura en la península ibérica antigua», La escritura y el libro en la antigüedad, Madrid, pp. 95-114.

Ligazóns externas