Alerxia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot Engadido: ht:Alèji; cambios estética
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bs:Alergija
Liña 21: Liña 21:
[[az:Allergiya]]
[[az:Allergiya]]
[[bg:Алергия]]
[[bg:Алергия]]
[[bs:Alergija]]
[[ca:Al·lèrgia]]
[[ca:Al·lèrgia]]
[[cs:Alergie]]
[[cs:Alergie]]

Revisión como estaba o 14 de agosto de 2010 ás 16:19

A alerxia (do grego αλλεργία, reacción estraña) é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico[1]. A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.

Proceso

A substancia á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como reaccións alérxicas. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o sistema inmunitario deste responde producindo unha gran cantidade de anticorpos. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a histamina, provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.

Tipos

As alerxias son, segundo Gell e Coombs, de catro tipos:

  1. Inmediatas: Baseadas sobre a reacción aos anticorpos.
  2. Citotóxicas.
  3. De complexos inmunes.
  4. Retardadas.

Notas

  1. Diciopedia do século21, volume 1. Galaxia, 2007, páxina 92.