Mosteiro de San Xoán de Caaveiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
imaxes
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Liña 51: Liña 51:
Ficheiro:Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.jpg
Ficheiro:Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.jpg
Ficheiro:Mosteiro de San Xoán de Caaveiro 2.jpg
Ficheiro:Mosteiro de San Xoán de Caaveiro 2.jpg
Ficheiro:Restos do muíño de Caaveiro.JPG|Restos do muíño
</gallery>
</gallery>



Revisión como estaba o 12 de agosto de 2010 ás 19:07

25' 3" N 08° 04' 06" O_E_ 0°N 0°L / 43_25_03_N_08_04_06_W, 43° 25' 3" N 08° 04' 06" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Ábsida románica da capela.

O mosteiro de San Xoán de Caaveiro é un mosteiro medieval situado nas Fragas do Eume, á beira do río Eume.

Situación

Sitúase na parroquia de Caaveiro, no concello coruñés da Capela, na comarca do Eume.

Historia

O mosteiro estableceuse no ano 934 nas Fragas do Eume para acoller os numerosos anacoretas que vivían dispersos na zona. Pero pronto importantes doazóns de Rosendo de Celanova engrandecen o seu patrimonio recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do río Eume e concédenlle a xurisdición sobre vilas e freguesías eximíndoo da autoridade do arcebispado de Santiago de Compostela.

Obtén así o cenobio un gran poder, alcanzando a súa igrexa a categoría de Real Colexiata (con seis canónicos) que conservará ata finais do século XVIII.

Ficheiro:Portada románica da iglesia de Caaveiro.jpg
Portada románica da capela.

Comezou pertencendo á Orde de San Bieito, pero no século XII converteríase en Colexiata de canónicos regulares de Santo Agostiño. Entre o ano 1220 e o 1259 prodúcese a máxima expansión do seu dominio, nela estivo á fronte do mosteiro o prior Don Martiño Rodríguez, quen logrou a ampliación do couto até a ponte de Pontedeume, incluíndo as parroquias de Cabanas e Eirís.

Durante a Alta Idade Media co auxe da casa dos Andrade perdeu moito poder económico, que recuperou en tempos dos Reis Católicos.

Coa desamortización, todas as posesións da comunidade foron vendidas polo Estado a particulares, as reliquias de San Rosendo foron trasladadas a Santiago, e algúns dos obxectos relixiosos, como as imaxes ou as campás da igrexa, foron distribuídos entre as igrexas das Neves e Soaserra.

A partir do ano 1800 queda abandonado, quedando ao coidado dun caseiro e inicia así a súa decadencia e deterioro. No século XIX Pío García Espinosa, que comprara boa parte das terras que rodean o mosteiro, consegue unha autorización do Arcebispo de Santiago para restauralo. Derriba, para acometer a restauración, a casa dianteira e a igrexa prioral (1896), edifica un pavillón ameado e reconstrúe a capela de Santa Isabel. Incluso volve ser ocupado por relixiosos, pero esta vida monacal coa morte de Don Pío volve desaparecer.

Descrición

O mosteiro

Ficheiro:Vista da entrada o recinto desde o interior caaveiro.jpg
Entrada ao recinto desde o interior coroada pola torre barroca.

Éntrase no adro por unha escaleira de vinte chanzos de pedra e unha porta. Sobre a porta está a torre cuadrangular de estilo barroco compostelán do século XVII, traballo de Clemente Fernández Sarela, da escola de Simón Rodríguez. Baixo dela pódese ver o escudo coas as armas de Castela e León, co Toisón de ouro e a coroa real, e unha ventá rectangular.

No interior aínda se poden apreciar divisións que poderían corresponder a: un forno, as porterías, seis celas, un cabido, e as dúas igrexas.

No exterior, a casa dos canónicos e as cociñas do mosteiro tamén se conservan aceptablemente, a casa dos criados, as cabalerías, o conxunto do muíño e a Ponte Sesín.

O muro nororiental, que soportaba o empuxe da antiga igrexa, fabricado de perpiaños, mostra catro arcos de medio punto rebaixados.

As igrexas

Existían dúas igrexas. Da primeira apenas quedan vestixios.

Os restos máis antigos son do século XII, destacando a capela de Santa Isabel, que se ergue sobre un montículo moi escarpado que obrigou aos seus construtores a salvar os desniveis do terreo por medio de altos muros con contrafortes e estancias subterráneas. Do templo románico só se conserva en bo estado a testeira, na que se abren tres pequenos vanos románicos, e boa parte da nave. A antiga construción era dunha soa nave rectangular de 5,70 metros de largo, con ábsida circular. Foi restaurada por Pío García Espinosa aumentando a lonxitude da nave.

A portada do Oeste configúrase de dúas arquivoltas apoiadas en columnas codilladas cun tímpano decorado cun Agnus Dei de prominentes cornos.

Estado actual

O conxunto foi declarado no ano 1975 monumento histórico-artístico pola súa importancia arquitectónica.

Na actualidade é propiedade da Deputación da Coruña, que iniciou un proxecto de restauración para a posta en valor do conxunto.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos