Virxindade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoacas (conversa | contribucións)
m moveu "Virxe" a "Virxinidade": Título máis axeitado ao contido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de agosto de 2010 ás 21:50

  • Virxindade, é o estado, un estado virxe, xeralmente no que un proceso mantense como na súa orixe sen sufrir algunha alteración na súa orixe, en forma de pureza.
  • Virxindade na sexualidade unha persoa, virxe, é a que non tivo relacións sexuais. No caso do home fálase tamén de castidade para sinalar a ausencia de relacións sexuais. O significado preciso disto varía entre culturas, relixións, e ata entre individuos con estes valores similares.

A virxindade feminina

En gran parte das culturas onde a virxindade ten importancia, refírese á virxindade da muller, para a cal adóitase usar como discriminante a existencia dun himen intacto ou non.

Existen, entón, dúas definicións frecuentemente usadas para a virxindade para a muller: o non ter relacións sexuais, e o ter un himen intacto. Para a primeira atópase o problema de definir que é unha relación sexual: para algúns significa exclusivamente coito vaxinal, mentres para outros calquera contacto que involucre os xenitais.

Usando a definición do himen intacto, unha muller pode participar do sexo oral ou anal e seguir sendo, tecnicamente, virxe. De igual xeito, o himen pódese desgastar ou por razóns diferentes ás relacións sexuais, como o montar dacabalo ou bicicleta, practicar ballet, facer ximnasia ou ata un golpe forte. Esta definición da virxindade dá orixe á práctica nalgúns países de restaurar a virxindade cirurxicamente, é dicir, mediante unha reconstrución do himen.

En relixións como a xudía e islámica, por ser un factor importante do valor espiritual e un requisito para o matrimonio.

En varias culturas africanas aínda se practica a infibulación das nenas entre 2 e 8 anos de idade como xeito de preservar o himen e a virxindade. A operación é realizada por unha curandeira ou parteira, sen anestesia, e consiste nunha clitoridectomía seguida por un peche vaxinal permanente. Soamente déixaselles unha pequena abertura para a emisión de ouriños e sangue menstrual. É frecuente que as nenas sufran infeccións graves como resultado da práctica. Anos máis tarde, a vulva ábrese cun coitelo inmediatamente despois do matrimonio ou antes dun parto.

Organizacións feministas e de dereitos humans critican a importancia da virxindade da muller como un desprezo a esta, unha mostra de machismo que non debería afectar á propia intimidade e vida sexual de cada individuo.