Trocófora: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:担轮幼虫
Liña 52: Liña 52:
[[ru:Трохофора]]
[[ru:Трохофора]]
[[sr:Трохофора]]
[[sr:Трохофора]]
[[zh:担轮幼虫]]

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2010 ás 13:42

Larva trocófora en visión lateral A.- Episfera B.- Hiposfera 1.- Ganglio nervioso 2.- Placa sincipital 3.- Prototroca 4.- Metatroca 5.- Esbozo mesodérmico 6.- Ano 7.- Protonefridio 8.- Tubo dixestivo 9.- Boca 10.- Blastocele

Unha trocófora é un tipo de larva mariña, que posúe dúas bandas de cilios. Debido ao movemento destes cilios crea remuíños na auga que posibilitan o control na dirección dos seus movementos. adicionalmente, estes movementos da auga serven para o achegamento de comida, que pode deste xeito ser máis facilmente capturada, sendo a base principal da súa alimentación o plancto.

O nome de trocófora procede da súa forma de peón, tendo unha clara simetría bilateral e distinguíndose nela as seguintes partes:

  • Episfera. Hemisferio superior, por riba da prototroca.
  • Hiposfera. Hemisferio inferior, por baixo da prototroca.
  • Ganglio nervioso. Masa de células nerviosas da que parten oito nervios meridianos.
  • Placa sincipital. Penacho de cilios no extremo superior da episfera.
  • Prototroca. Anel de cilios por riba da boca; a súa vibración contribúe ao movemento da larva.
  • Metatroca. Anel de cilios por baixo da boca; tamén con función motriz.
  • Tubo dixestivo. A boca abre aproximadamente no centro da larva e corresponde ao blastoporo embrionario; a continuación hai unha curta farinxe que da ao estómago en forma de saco, ao que segue o intestino e o ano, que abre no polo oposto á placa sincipital.
  • Protonefridios. Un par de nefridios (órganos excretores).
  • Blastocele. A cavidade xeral da larva é o blastocele embrionario.

Esta larva atópase tipicamente en varios filos dentro do grupo dos Lophotrochozoa, como os moluscos, anélidos, sipuncúlidos, etc. Hai formas parecidas, máis ou menos asimilables á larva trocófora, como a larva pilidio dos nemertinos ou a larva de Müller dos platelmintos (con aparato dixestivo incompleto).

Ontoxenia dun Polyplacophora: a primeira imaxe é unha trocófora, a segunda é un estadio de metamorfose e a terceira é un xuvenil de un Polyplacophora.


Bibliografía


Véxase tamén


Ligazóns externas