Clint Eastwood: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 258: Liña 258:
[[Categoría:Directores de cine de Estados Unidos|Eastwood]]
[[Categoría:Directores de cine de Estados Unidos|Eastwood]]


{{Link FA|fr}}
{{Link FA|pt}}
{{Link FA|pt}}



Revisión como estaba o 6 de agosto de 2010 ás 05:31

Clint Eastwood

Clint Eastwood, nado en San Francisco (California) o 31 de maio de 1930, é un actor, produtor e director de cine estadounidense.

Biografía

Os seus pais foron Clinton e Ruth. Criouse en Oakland, despois de ir dunha a outra cidade co seu pai buscando traballo durante a Gran Depresión. Os seus pais non podían permitirse pagarlle estudios superiores, polo que tras acabar os cursos primarios, tivo que empezar a traballar en diversas labores, como leñador, albanel, pianista, bombeiro forestal, limpapiscinas, obreiro do metal e moitos outros empregos que realizou para gañarse a vida.

Realizou o servizo militar como instructor de natación en Fort Ord. Isto permitiulle aforrar uns dólares, cos que puido pagarse unhas clases de arte dramático en Los Angeles College.

Foi fortemente influenciado por dous amigos que coñeceu no campamento militar, David Janssen que sería famoso polo seu papel como actor na serie O fuxitivo, e Martin Milner, que realizou outra serie titulada A vida de Ritley".
Coa axuda deles logrou un contrato coa Universal de 76 dólares semanais, garantizadas cuarenta semanas ó ano de traballo nos seus estudios. Nesa época os grandes estudios tiñan unha política chamada Star System, coa que se encargaban de formar e pulir ás futuras estrelas.

En 1953 casou con Maggie Johnson, nai dos seus fillos Kyle e Alison, e un ano despois, debutou nunha película chamada Revenge of the creature co director Jack Arnold, repetindo con el na película Tarantula. Tamén en 1955, traballou en películas como Francis in the navy (de Arthur Lubin) ou Lady Godiva.

Pasou seis anos traballando en televisión, na serie Rawhide. Isto fixo que a súa innegable apostura se fixese popular nos medios.

Pero o seu gran salto á fama foi en 1963, cando James Coburn rexeitou o papel protagonista de Magnificent Stranger de Sergio Leone, rodada en Almería. A película acabou titulándose Per un pugno di dollari. Eastwood tivo que aportar o seu propio vestiario, comprando o poncho que sería famoso nas seguintes películas de Leone.

Cos famosos Spaghetti Westerns Per un pugno di dollari, Per qualche dollaro in più e Il buono, il brutto, il cattivo, Clint Eastwood cobrou 270.000 dólares. Eastwood estampa nestas películas a súa clásica figura de duro e sen piedade.

No seu país traballou nesta primeira época con actores da talla de Richard Burton, Lee Marvin, Shirley MacLaine, Telly Savalas ou Donald Sutherland, consagrándose como unha estrela de acción do celuloide.

En 1971 dirixe a súa primeira película, Play Misty for Me.

Nese mesmo ano Don Siegel ofrécelle o papel que marcará a súa carreira interpretativa, Dirty Harry, no que retorna ó home duro e sen piedade das anteriores películas, pero convertido en axente da lei. Máis tarde virían Magnum Force (1973) e The Enforcer, ambas secuela da serie.
Con estas actuacións Eastwood consagrouse definitivamente como estrela do cine e que o enmarcaron como duro. Nos 80, seguindo no papel de Harry, faría Sudden Impact (1983, tamén dirixida por el) e The Dead Pool.
Nun principio pensouse para ese papel en John Wayne pero non quixo ó pensar que podería ser negativo para a súa imaxe pola súa polémica "violencia gratuíta".

Reavivando a pobre lapa do western, realiza dúas películas Joe Kidd e High Plains Drifter, a súa segunda película como director.

Por temor a ser encadrado no papel de machista e fascista, elixe interpretar películas como Thunderbolt and Lightfoot, The Eiger Sanction ou The Outlaw Josey Wales.

En 1986 entra na vida política como alcalde de Carmel, a cidade onde reside habitualmente, abandonando o cargo un ano despois pola falta de tempo para realizar as súas películas.

En 1988 crea a súa propia productora Malpaso Productions.

A súa vida sentimental cambia mentras roda The Gauntlet ó coñecer á actriz Sondra Locke, da que terminaría namorándose e provocando a ruptura con Maggie Johnson despois de 35 anos de matrimonio.

A relación sentimental entre Sondra e Clint termina en 1989 debido ó seu romance coa tamén actriz Frances Fisher, coa que ten unha filla. Sete anos despois termina casando coa xornalista Dina Ruiz.

Experimentando como director e evolucionando hacia unha etapa máis creativa realiza varias películas seguidas, interpretadas por el mesmo, como Firefox, Sudden Impact, Pale Rider e finalmente Heartbreak Ridge.

Polo seu pulido e exitoso traballo recibiu en 1991 o Premio Irving G. Thalberg á súa traxectoria na gala de entrega dos Oscar.

A partir dese momento dirixe unha serie de películas que o convirten nun dos directores máis destacados dos 90: tras Bird e White Hunter Black Heart, dirixe a que algúns consideran a súa mellor película, Unforgiven, galardonada cun Globo de Ouro ó mellor director e 4 Oscars, entre eles o de mellor película e mellor director, sendo tamén candidato como mellor actor.

En A Perfect World volve a dirixirse a si mesmo, compartindo cartel cun dos intérpretes de moda nese momento, Kevin Costner. Despois filmou The Bridges of Madison County, onde a súa calidade interpretativa se reafirma compartindo cartel con Meryl Streep.

Dirixe á súa propia filla en Midnight in the Garden of Good and Evil (1997) e no 2000 xunto a Tommy Lee Jones, Donald Sutherland e James Garner, protagoniza e dirixe Space Cowboys, segunda película máis taquilleira dos Estados Unidos ese ano.

Mystic River, película que dirixe en 2003, significa a volta de Eastwood ó cine comprometido. Con esta película consegue seis candidaturas ós Oscar, entre elas a de mellor película e mellor director, gañando dous premios (ó mellor actor e ó mellor actor de reparto).

En 2004 dirixe e protagoniza Million Dollar Baby, película que reedita o éxito cosechado con Unforgiven, e coa que gaña o seu segundo Oscar como mellor director, ademais de conseguir o Premio á mellor película.

En 2006 volve á súa faceta como director e dirixe Flags of Our Fathers (baseada na novela escrita por un fillo dun dos supervivintes da batalla) e Letters from Iwo Jima. As películas contan as experiencias da Batalla de Iwo Jima desde o punto de vista estadounidense e xaponés respectivamente. A segunda gañou o Globo de Ouro 2007 na categoría de mellor película de fala non inglesa, e as dúas foron nominadas na categoría de mellor director.

Ademais das súas facetas como actor, director e realizador, Clint Eastwood compón discos de jazz e bandas sonoras. Posee varias empresas deportivas e hosteleiras, entre elas un complexo turístico de luxo na localidade de Monterey Country. Clint ten fama de ser un home deportista pese á súa idade, e esa imaxe favorece ás súas empresas.

Ten 7 fillos:

  • Kimber Eastwood (17-06-64) con Roxanne Tunnis.
  • Kyle (19-05-68) e Alison Eastwood (22-05-72) con Maggie Johnson.
  • Kathryn Eastwood (02-02-88) con Jacelyn Reeves.
  • Heather Eastwood (19-07-88).
  • Francesca Fisher-Eastwood (07-08-93) con Frances Fisher.
  • Morgan Eastwood (12-12-96) con Dina Ruiz.

Filmografía de Clint Eastwood

Como actor

Como director

Como guionista

Como produtor

Como músico (bandas sonoras)

Premios

Oscars

Ano Categoría Película Resultado
2007 Oscar á mellor película Letters from Iwo Jima Candidato
2007 Oscar ó mellor director Letters from Iwo Jima Candidato
2004 Oscar á mellor película Million Dollar Baby Gañador
2004 Oscar ó mellor director Million Dollar Baby Gañador
2004 Oscar ó mellor actor Million Dollar Baby Candidato
2003 Oscar á mellor película Mystic River Candidato
2003 Oscar ó mellor director Mystic River Candidato
1992 Oscar á mellor película Sen perdón Gañador
1992 Oscar ó mellor director Sen perdón Gañador
1992 Oscar ó mellor actor Sen perdón Candidato
1991 Oscar Irving G. Thalberg pola súa traxectoria Filmografía completa Gañador

Globos de Ouro

Ano Categoría Película Resultado
2007 Mellor director Flags of Our Fathers Candidato
2007 Mellor director Letters from Iwo Jima Candidato
2007 Mellor película de lingua estranxeira Letters from Iwo Jima Gañador
2004 Mellor director Million Dollar Baby Gañador
2004 Mellor banda sonora Million Dollar Baby Candidato
2003 Mellor película - Drama Mystic River Candidato
2003 Mellor director Mystic River Candidato
1995 Mellor director As pontes de Madison Candidato
1992 Mellor película - Drama Sen perdón Candidato
1992 Mellor director Sen perdón Gañador
1988 Mellor director Bird Gañador
1987 Premio Cecil B. DeMille Gañador

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA