Frédéric Joliot-Curie: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: uk:Фредерік Жоліо-Кюрі |
m arranxiño |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
|premios = [[Premio Nobel de Química]] (1935) |
|premios = [[Premio Nobel de Química]] (1935) |
||
|relixión = |
|relixión = |
||
|notas = Seus |
|notas = Seus sogros forón os tamén premio Nobel [[Marie Curie]] e [[Pierre Curie]] |
||
}} |
}} |
||
Revisión como estaba o 30 de xullo de 2010 ás 22:58
Jean Frédéric Joliot-Curie nado o 19 de marzo de 1900 en París (Francia) e finado o 14 de agosto de 1958 en París. Marido de Irene Curie, físico, levou xunto coa súa muller o Premio Nobel de Química en 1935.
Biografía
Estudou na Escola Superior de Física e Química da Vila de París, onde se licenciou en física. En 1925 foi nomeado asistente persoal de Marie Curie no Instituto Curie de París. O ano seguinte casou con Irène Joliot-Curie, filla de Marie e de Pierre Curie (gañadores do Premio Nobel en Física en 1903), da cal adoptou o seu apelido de solteira. A instancia de Marie doutorouse en ciencias.
En 1945 foi nomeado alto comisario da enerxía atómica, e desde este posto dirixiu a construción da primeira pila atómica francesa, en 1948.
Membro da Academia das Ciencias francesas, en 1937 foi nomeado profesor no Collège de France, cargo que ocupou ata o 1956 cando, tras a morte da súa esposa, ocupou a cátedra de física que esta tiña en A Sorbona de París.
Frédéric e Irene Joliot-Curie tiveron unha filla, Helena e un home, Pierre.
Morreu o 14 de agosto de 1958 na cidade de París, dunha enfermidade hepática.
Investigacións científicas
Xunto á súa esposa iniciou as súas investigacións no campo da física nuclear e buscando a estrutura do átomo, en particular na estrutura e proxección do núcleo e que foi fundamental para o seu posterior descubrimento do neutrón e da radioactividade artificial en 1934. En 1935 ambos os científicos foron galardoados co Premio Nobel de Química polos seus traballos na síntese de novos elementos radioactivos.
Durante a súa estancia no Collège de France traballou nas reacciones en cadea e nos requisitos para a construción acertada dun reactor nuclear que utilizase a fisión nuclear controlada para xerar enerxía mediante o uso de uranio e auga pesada.
Durante a invasión nazi en Francia Joliot, membro activo do Partido Comunista Francés, tomou parte activa a favor da Resistencia francesa. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial foi nomeado director do Centre National da Recherche Scientifique (Centro Nacional de Investigación Científica, CNRS), converténdose no primeiro comisario do Goberno francés para a Enerxía Atómica. En 1948 supervisou a construción do primeiro reactor atómico francés.
En 1955 foi un dos once intelectuais que asinaron o manifesto Russell-Einstein que instaba a buscar solucións pacíficas aos conflitos internacionais existentes naqueles momentos en plena Guerra Fría.
Recoñecementos
Na súa honra nomeouse o cráter Joliot sobre a superficie da Lúa.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1935 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
Predecesor: Harold Clayton Urey |
Premio Nobel de Química 1935 |
Sucesor: Peter Joseph Wilhelmus Debye |