Himenópteros: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ml:കടന്നൽ |
m bot Modificado: tr:Zar kanatlılar |
||
Liña 85: | Liña 85: | ||
[[sv:Steklar]] |
[[sv:Steklar]] |
||
[[th:แตน]] |
[[th:แตน]] |
||
[[tr: |
[[tr:Zar kanatlılar]] |
||
[[uk:Перетинчастокрилі]] |
[[uk:Перетинчастокрилі]] |
||
[[vi:Bộ Cánh màng]] |
[[vi:Bộ Cánh màng]] |
Revisión como estaba o 27 de xullo de 2010 ás 03:58
Hymenoptera | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||
| ||||||||||||||
Subordes | ||||||||||||||
Os himenópteros (Hymenoptera) son unha grande orde de insectos con alas membranosas nas cales se poden facilmente ver os vasos sanguíneos. O grupo inclúe, entre outros abellas, avespas, abesouros e formigas, probabelmente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo, hai descritas 125.000 especies diferentes, pero probablemente o número total de especies é moito maior.
Características
A maioría dos himenópteros teñen dous pares de alas transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificada para absorber néctar das flores. As femias presentan ao final do abdome unha estrutura para a posta de ovos, que se converte nun aguillón velenoso nos grupos máis evolucionados.
Sexo
Unha característica especial que se atopa nos himenópteros é que o sexo vén determinado polo número de cromosomas. O individuo que é diploide (os que posúen dúas series de cromosomas) é femia e o que é haploide (a metade do número de cromosomas) é macho. Como consecuencia as femias teñen máis xenes en común coas súas irmás que coa súa descendencia. William Donald Hamilton formalizou o concepto da selección de parentesco que podería ser unha das orixes da eusociabilidade destas especies.