Richard Dreyfuss: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Richard Dreyfuss
Liña 113: Liña 113:
[[ca:Richard Dreyfuss]]
[[ca:Richard Dreyfuss]]
[[co:Richard Dreyfuss]]
[[co:Richard Dreyfuss]]
[[cs:Richard Dreyfuss]]
[[cy:Richard Dreyfuss]]
[[cy:Richard Dreyfuss]]
[[da:Richard Dreyfuss]]
[[da:Richard Dreyfuss]]

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2010 ás 12:02

Modelo:Infobox actor

Richard Dreyfuss (nacido o 29 de outubro de 1947) é un actor estadounidense. Naceu na cidade de Nova York, fillo dun avogado. Os primeiros anos da súa vida transcorreron en Nova York, ata que, á idade de nove anos, trasladouse coa súa familia a Os Ánxeles.

A carreira de Dreyfuss como actor comezou axiña que chegou a Os Ánxeles. Participaba en obras teatrais no centro xudeu de Beverly Hills. Aos 15 anos de idade foi seleccionado para actuar en televisión. Matriculouse na universidade, pero ao ano foi chamado a filas para ir a Vietnam. Declarouse obxector de conciencia e absolveu un servizo alternativo como auxiliar nun hospital. Ao mesmo tempo interveu en pequenos papeis de series de televisión. Durante os anos seguintes actuou en varios teatros de Nova York, tanto en Broadway, como noutros teatros.

A primeira participación de Dreyfuss nunha película de cine foi moi curta, no graduado, na que tivo que dicir unha soa frase. Pouco despois interveu en Dillinger e,sobre todo, en American Graffiti, en 1973, película que tivo un considerable éxito, e na que participou tamén Harrison Ford.

O seu primeiro papel protagonista tívoo Dreyfuss nun filme canadense, e despois xa foi contratado por Steven Spielberg para Tiburón, película coa que Dreyfuss deuse a coñecer ás grandes audiencias. Dous anos despois Spielberg contou con el de novo para Encontros Na Terceira Fase (en Inglés "Close Encounters of the Third Kind"), que tivo un éxito comparable á anterior. A partir de entón a carreira de Dreyfuss seguiu unha traxectoria ascendente. En 1977 interpretou The Goodbye Girl, película pola que gañou un Oscar como mellor actor principal. Foi o actor máis novo en recibir este galardón na historia dos Oscar.

Durante os seguintes anos, Dreyfuss interveu en varias películas, pero ningunha delas tivo un éxito significativo de taquilla. Isto contribuíu posiblemente a que tomase drogas en doses crecentes, ata que sufriu un accidente de coche. A raíz diso ingresou nun centro de desintoxicación e conseguiu librarse das drogas. Volveu entón ao cine e actuou en varias películas, nas que demostrou que seguía sendo o mesmo gran actor. Desde entón foi aparecendo de forma regular non só no cine, senón tamén en televisión e no teatro, e é considerado como un dos actores máis sólidos e apreciados do momento actual.

Dreyfuss estivo casado por primeira vez entre 1983 e 1995, de cuxo matrimonio ten tres fillos. En 1999 casouse por segunda vez.

Dreyfuss padece de trastorno bipolar. En 2006, apareceu no documental de Stephen Fry, Stephen Fry: The Secret Life of the Manic Depressive (A Vida Secreta dos Maniaco Depresivos), onde Fry (quen tamén padece desta desorde) entrevístouno en relación á súa vida coa enfermidade.

Filmografía

Premios

Oscars

Ano Categoría Película Resultado
1995 Oscar ao mellor actor Profesor Holland Candidato
1977 Oscar ao mellor actor A chica do adeus Gañador

Globos de Ouro

Ano Categoría Película Resultado
1995 Globo de Ouro ao mellor actor - Drama Profesor Holland Candidato
1987 Globo de Ouro ao mellor actor de reparto Loca Candidato
1977 Globo de Ouro ao mellor actor - Comedia ou musical A chica do adeus Gañador
1973 Globo de Ouro ao mellor actor - Comedia ou musical American Graffiti Candidato

Ligazóns externas