Canelones: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: uk:Канелонес
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ja:カネローネス
Liña 21: Liña 21:
[[fr:Canelones (ville)]]
[[fr:Canelones (ville)]]
[[it:Canelones]]
[[it:Canelones]]
[[ja:カネロネス]]
[[ja:カネロネス]]
[[lt:Kanelonesas]]
[[lt:Kanelonesas]]
[[nl:Canelones (stad)]]
[[nl:Canelones (stad)]]

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2010 ás 04:46

"S 56º16'54"O_E_ 0°N 0°L / 34_31_27_S_56_16_54_W, 34º31'27"S 56º16'54"O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Canelones é unha cidade uruguaia, capital do departamento homónimo. Áchase dentro da Zona metropolitana de Montevideo e contaba cuns 24.300 habitantes no 2010. Ademais de ser a capital, é unha das cidades máis importantes do departamento, na zona sur da República Oriental do Uruguai, atopándose a 40 km de Montevideo e sendo unha cidade dormitorio desta. O seu xentilicio é canario/a e o seu actual intendente é Estanislao Chiazzaro.

Historia

O seu nome orixinal era Villa Guadalupe, creada o 24 de abril de 1783 por orde do virrei Juan José de Vértiz, aínda que a historia recoñece ao presbítero Juan Miguel de la Laguna como o seu fundador. Este é quen ten a iniciativa de construír a igrexa parroquial.

A Vila da Nosa Señora de Guadalupe chegou a ser capital da Provincia Oriental en 1813, por decisión de Artigas, ao ser este elixido presidente provisional dos orientais (dos uruguaios). O 27 de xaneiro de 1816 créase o departamento de Canelones, un dos primeiros seis no que se dividía a Provincia Oriental e cuxa primeira xurisdición se estendía desde o Río Santa Lucía até Montevideo.