O señor Bean: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Atkinson Rowan.jpg|thumb|200px|right|Rowan Atkinson como Mr. Bean.]]
[[Ficheiro:Atkinson Rowan.jpg|thumb|200px|right|Rowan Atkinson como Mr. Bean.]]

'''''O señor Bean''''' (título orixinal '''''Mr. Bean''''') foi unha serie humorística da televisión [[Reino Unido|británica]] protagonizada por [[Rowan Atkinson]] no papel de Mr. Bean. O primeiro episodio foi emitido o [[1 de xaneiro]] de [[1990]] pola ITV ([[Independent Television]]) e a serie seguiu en antena ata o [[31 de outubro]] de [[1995]]. En Galicia emitiuse na canle autonómica, a [[TVG]], conseguindo unha enorme popularidade.

Liña 29: Liña 28:
*[http://www.labutaca.net/films/47/lasvacacionesdemrbean.htm Película "As vacacións de Mr. Bean"] {{Es}}
*[http://www.labutaca.net/films/47/lasvacacionesdemrbean.htm Película "As vacacións de Mr. Bean"] {{Es}}

{{Programación da TVG}}
<br />{{Programación da TVG}}

[[Categoría:Series de televisión|Senor Bean]]
[[Categoría:Series de televisión|Senor Bean]]

Revisión como estaba o 20 de xullo de 2010 ás 06:53

Rowan Atkinson como Mr. Bean.

O señor Bean (título orixinal Mr. Bean) foi unha serie humorística da televisión británica protagonizada por Rowan Atkinson no papel de Mr. Bean. O primeiro episodio foi emitido o 1 de xaneiro de 1990 pola ITV (Independent Television) e a serie seguiu en antena ata o 31 de outubro de 1995. En Galicia emitiuse na canle autonómica, a TVG, conseguindo unha enorme popularidade.

No seu país de orixe, durante os cinco anos, a serie foi captando seguidores e aumentando a súa audiencia, ata alcanzar unha cota de 18,74 millóns de espectadores durante o episodio The Trouble with Mr Bean en 1992.

Ademais recibiu un número importante de premios internacionais, entre os que cabe destacar "A Rosa de Ouro" (Rose d'Or). O show foi exportado a máis de 200 lugares de todo o mundo, ademais dar lugar a dúas películas e unha serie de debuxos animados.

A personalidade de Mr. Bean raia a estupidez absurda, aínda que só é "un neno atrapado no corpo dun adulto", cun cinismo e humor moi elegante, definitivamente inglés, ademais de moi agradable, divertida e ata inxenua e malvada algunhas veces.

Vive no seu pequeno apartamento no norte de Londres (Inglaterra) co seu osito de peluche Teddy e o seu automóbil Austin Mini cor verde lima e negro con cadeados nas portas. Mr. Bean fala moi poucas veces e cando o fai é sempre con poucas palabras e voz grave pero divertida. Ten unha noiva "normal" (Irma Gobb) que a pesar da súa banalidade adórao e ódiao á vez.

O seu nome e a súa profesión nunca foron mencionadas nin por el nin polos seus creadores. O humor da comedia vén en gran parte das orixinais e excéntricas solucións que Mr. Bean atopa para resolver os seus problemas e a súa indiferenza total por solucionar outros.

Longametraxes

En 1997 estreouse Bean: The Ultimate Disaster Movie, unha película baseada na serie de televisión; e en 2007 estreouse a segunda adaptación cinematográfica chamada As vacacións de Mr. Bean.

Personaxes

Mr. Bean

É un neno atrapado no corpo dun adulto, algo do que non ten conciencia. A xente non o comprende, e sofre polo rexeitamento que sinte por parte dos demais.

Teddy

É un osiño de peluche adaptado por Bean ó mundo real e do que non se separa xamais.

Véxase tamén

Ligazóns externas