Reino (bioloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
TobeBot (conversa | contribucións)
Liña 181: Liña 181:
[[hsb:Swět (biologija)]]
[[hsb:Swět (biologija)]]
[[hu:Ország (rendszertan)]]
[[hu:Ország (rendszertan)]]
[[hy:Թագավորություն (կենսաբանություն)]]
[[hy:Ենթաթագավորություն (կենսաբանություն)]]
[[ia:Regno (biologia)]]
[[ia:Regno (biologia)]]
[[id:Kerajaan (biologi)]]
[[id:Kerajaan (biologi)]]

Revisión como estaba o 19 de xullo de 2010 ás 17:00

En bioloxía, reino é cada unha das grandes subdivisiónes en que se consideran distribuído-los seres naturales, por razón dos seus caracteres comúns.

Foi Aristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan na Natureza en base ás diferencias entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinos animal, vexetal e mineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan á parte ós minerais. Isto non simplificou a taxonomía dos entes naturais, senón que propiciou para os virus unha especie de non clasificación, xa que non se consideran seres vivos en sentido estrito, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos» (James Trefil, 1001 cosas que todo el mundo debería saber sobre ciencia). Así pois, a primera subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entre seres vivos, virus e minerais. En bioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.

A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:


Haeckel (1894)
Tres reinos
Whittaker (1959)&sup1
Cinco reinos
Woese (1977)
Seis reinos
Woese (1990)
Tres dominios
Protista Monera Eubacteria Bacteria
Archaebacteria Archaea
Protista Protista Eukarya
Plantae Fungi Fungi
Plantae Plantae
Animalia Animalia Animalia


Debido á enorme variedade da vida establecéronse numerosos niveis de clasificación denominados taxóns. O nivel de Reino era ata hai pouco o nivel superior da clasificación biolóxica. Nas clasificacións modernas o nivel superior é o Dominio. Cada un dos Dominios subdivídense en Reinos; os Reinos, á súa vez, poden organizarse en Subreinos, etc. Os niveis superiores da clasificación biolóxica amósanse a continuación (de xeral a concreto, os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa):


Dominio
Reino
[Subreino]
[Superfilo]
Filo

As diferencias básicas dos seres vivos danse a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e permiten distinguir os dominios Archaea, Bacteria e Eukarya (dende este punto de vista, unha planta e un animal son máis semelllantes entre sí ca unha archaea e unha bacteria). Os dominios Archaea e Bacteria inclúen só organismos unicelulares procariotas (organismos con células sen núcleo). O dominio Eukarya inclúe tódalas eucariotas (organismos con células con núcleo) e comprende numerosos reinos, entre os cales se atopan os protozoos (clasificados en varios reinos), plantas, fungos e animais.

A continuación amósase a clasificación en reinos dos seres vivos segundo os últimos datos moleculares. Os virus clasifícanse á parte.


Dominios Reinos
Bacteria Proteobacterias beta
Proteobacterias gamma
Proteobacterias delta
Proteobacterias epsilon
Planctomices e Chlamydiae
Spirochaetes
Bacteroides e Flavobacterias
Bacterias verdes do xofre
Bacterias Gram-positivas con G-C alto
Bacterias Gram-positivas con G-C baixo
Cianobacterias e cloroplastos
Bacterias verdes non do xofre
Thermotogales
Hydrogenobacter/Aquifex
Archaea Euryarchaeota
Crenarchaeota
Koryarchaeota
Eukarya Diplomónadas
Microsporidia
Parabasálidos
Mixomycota
Euglenozoos
Naegleria
Entamoeba
Acrasiomycota
Rhodophyta
Ciliados
Dinoflagelata
Apicomplexa
Laberintúlidos
Oomicota
Xantophyta
Chrysophyta
Phaeophyta
Diatomeas
Plantae
Fungi
Animalia