Emilio Viqueira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
-categoría repetitiva
Liña 89: Liña 89:


{{DEFAULTSORT:Viqueira Moure}}
{{DEFAULTSORT:Viqueira Moure}}

[[Categoría:Futbolistas galegos]]
[[Categoría:Xogadores do Deportivo de La Coruña]]
[[Categoría:Xogadores do Deportivo de La Coruña]]
[[Categoría:Xogadores do Xerez CD]]
[[Categoría:Xogadores do Xerez CD]]

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2010 ás 22:32

Modelo:InfFut

Emilio José Viqueira Moure, nado o 20 de setembro de 1974 en Santiago de Compostela, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu clube actual é o CD Xerez da Primeira División de España.

Biografía

Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, que estivo no mítico "Superdépor" e non tivo sitio, co cal tivo que buscarse a vida en Segunda División. Chega ao Xerez CD, club no que non brilla, e márchase ao Recreativo de Huelva de Primeira División.

Xa ao ano seguinte, a tempada 2003/04 e á 2004/05 o xogador continua no Recre, sendo un fixo da titularidade, ademais dun novo ídolo da afección, o xa coñecido da tempada anterior como o "Mago" Viqueira, especialmente polos seus lanzamentos de faltas.

A tempada 2005/06, outra gran tempada para o decano, termina nun ascenso a Primeira División, en primeira posición e cun equipo ben labrado, non como os outros dous que ascenderon en anteriores ocasións. Ademais hai experiencia adquirida xa, a xunta directiva e a presidencia é a mesma e comezan a levarse a cabo fichaxes e renovacións con bastante seriedade.

A tempada 2006/07 Viqueira é un dos alicerces do Recreativo de Huelva revelación do campionato.

Finalmente termina a tempada (e o seu contrato) e formaliza o seu traspaso polo Levante UD. A mala situación económica e deportiva do club lévalle a buscar unha salida no mercado de inverno e regresa como cedido ao CD Xerez.

Persoal

Mentres xogaba no Levante UD tivo un accidente de tráfico regresando duns días de descanso por Despeñaperros, do que saíu ileso, xunto a toda a súa familia.

Traxectoria

Club País Ano
Deportivo B España España 1995-1997
Campomaiorense Portugal Portugal 1997/1998
Deportivo B España España 1998-2000
Xerez CD España España 2000-2002
Recreativo de Huelva España España 2002-2007
Levante UD España España 2007/2008
Xerez CD España España 2008-

Palmarés

Éxitos personais e outros méritos

  • Xogador da Selección Galega de fútbol dende 2005.
  • Formou parte do primeiro conxunto do decano que acadou a permanencia en Primeira División rematando oitavo.