São Paulo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ro:São Paulo (oraș)
Almabot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: kl:São Paulo
Liña 223: Liña 223:
[[ja:サンパウロ市]]
[[ja:サンパウロ市]]
[[ka:სან-პაულუ]]
[[ka:სან-პაულუ]]
[[kl:São Paulo]]
[[kn:ಸಾವೊ ಪಾಲೊ]]
[[kn:ಸಾವೊ ಪಾಲೊ]]
[[ko:상파울루]]
[[ko:상파울루]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2010 ás 23:12

Modelo:Infcidade

San Paulo (en portugués: São Paulo) é a cidade máis grande de Brasil, e capital do estado de San Paulo. Ten uns 12.677.000 habitantes, conforme estatísticas do Goberno Brasileiro feitas en 2004. Sitúase a 430 km da cidade do Rio de Janeiro, a 586 km da cidade de Belo Horizonte e a 1020 km de Brasilia, a capital do Brasil. Foi fundada polos misioneiros xesuitas o 25 de xaneiro de 1554. A área do municipio (equivalente a concello) é 1.509 km², e, coa súa rexión metropolitana (formada por outros 38 concellos veciños), atinxe máis de 8 mil km² e un total de 20 millóns de poboadores, tornandoa así unha das máis grandes aglomeracións urbanas do mundo.

Historia

Artigo principal: Historia urbana de San Paulo.

Dende a súa fundación ó 1554, San Paulo foi inicialmente un pequeno concello, ata a súa elevación a cidade, ó 1711. Despois, continuou a ser unha pequena cidade, mesmo cando se tornou na capital da entón provincia de San Paulo, hoxe estado. O seu crecemento só comezou a acelerarse despois da construción do ferrocarril conectando a cidade de Santos (no litoral) ata Jundiaí (no interior do estado de San Paulo), ó 1867 pasando pola cidade de San Paulo. Coa inauguración desa liña, o café, producido no interior do estado, pasou a ser transpotado máis facilmente ata o porto de Santos, e a riqueza producida polo café posibilitou a implantación das primeiras industrias na capital.

Para substituir a man-de-obra escrava utilizada no traballo, cada vez máis escasa a mediados do século XIX ata o fin do rexime escravista en 1888, o Brasil pasou a buscar inmigrantes en Europa interesados en emigrar ao país e empregarse como asalariados. Moitos interesaronse nas posibilidades de traballo, principalmente os italianos. Pero outros destes inmigrantes (un gran número de italianos, e a maioría dos españóis e portugueses) preferiron ir á capital, traballar nas industrias que surxían e no comercio que crecía. As familias propietarias de grandes facendas no interior do estado comezaron a instalarse na rexión da Avenida Paulista a finais do século XIX. A partir de 1908, comezan a chegar os xaponeses, que se establecen no barrio da Liberdade. Os seus decendentes, actualmente espallados por toda a cidade, están totalmente integrados na vida paulistana, ou sexa, da cidade de San Paulo, e forman unha comunidade numericamente importante.

Coa inmigración crecente, a poboación comezou a medrar no inicio do século XX. No ano 1900 eran 240 mil habitantes. Chegou a Primeira Guerra Mundial e a dificuldade de importar, así as industrias creceron, e con elas, a necesidade de man de obra. Despois da Crise de 1929, a baixa do prezo do café no exterior dificultou a obtención de diñeiro para as importacións, aumentando o mercado para as industrias locais. Outro impulso veou coa Segunda Guerra Mundial, pola dificuldade de importar manufaturados dos países involucrados no conflito. Nos anos 50 instalouse a industria automobilística no Brasil, e un aumento ainda máis forte da necesidade de man de obra.

Estas expansións da industria ata fins da Primeira Guerra Mundial, atraeron primeiro aos inmigrantes estranxeiros; despois atraeu inmigración de brasileiros, de estados do Noreste e de Minas Xerais. A inmigración de brasileiros intensificouse despois da Segunda Guerra Mundial, sobre todo nos anos 1950 ata 1970. A melloría das condicións de hixiene e saúde despois dos avances da medicina no século XX tamén contribuiron ao aumento das expectativas de vida e redución da mortalidade infantil, posibilitando un aumento acelerado da poboación. No Censo de 1940, a cidade tiña 1,3 millón de habitantes; en 1950 eran 2,2 millóns; en 1960 xa eran 3,8 millóns; en 1970, 5,9 millóns; en 1980 alcanzáronse os 8,47 millóns.

Catedral de San Paulo

Este vigoroso crecemento nunha escala que non foi coñecida en ningún país europeo, xunto coa demora en crear a súa rede de transporte urbano de alta capacidade (a primeira liña do metro foi inaugurada en 1975), resultou en problemas de tráfico urbano e escasez de transporte colectivo, pois as persoas vivian cada vez máis lonxe dos seus locais de traballo. Outra consecuencia do rápido poboamento foi o surximento de vivendas en condicións precarias (no Brasil, chamadas favelas, o, cando surxen en edificacións moito antigas e abandonadas, cortiços), polución do aire (fumes dos vehículos) do solo (lixo) e dos ríos (residuos domésticos e industriais) e ausencia de parques e prazas para lecer da poboación.

Xeografía

San Paulo está localizada na cunca do Río Tietê e de seus principais afluentes na area urbana, o Río Pinheiros, o río Tamanduateí e o río Aricanduva. A súa altitude media é 760 m e o seu punto máis alto é o Pico do Jaraguá, co 1.135 m de altitude. As suas coornedas xeográficas son Modelo:Coor dms.

O clima da cidade é tropical de altitude, e moi influenciado actualmente pola urbanización. O grande número de edificios e de rúas asfaltadas facen surxir as chamadas illas de calor, onde a temperatura local é máis elevada que en rexións próximas recobertas por vexetación.

As principais áreas verdes da cidade encontranse en seus extremos norte (Serra da Cantareira) e sur (Serra do Mar). Algúns parques, como o Parque do Ibirapuera, o Parque do Estado (onde sitúanse o Xardín Zoolóxico e o Xardín Botánico da cidade), o Parque Trianon, o Parque do Carmo e outros, son illas de verde en meio á grande area urbanizada.

Economía

"Vale do Anhangabaú".

A cidade comezou a medrar axiña a partir de fins do século XIX e comezo do século XX, coa inmigración estranxeira, principalmente de italianos e tamén españois e portugueses, que viñan traballar nas primeiras industrias que se instalaban na cidade, principalmente manufacturas de tecidos, metalurxia, alimentos e xabón. As industrias instalaronse próximas ás liñas de ferrocarril, en barrios como Brás, Barra Funda, Belém e Mooca. Ainda hoxe, existen unhas 30 mil industrias na cidade, a maioría pequenas e medias. Unhas poucas quedaran nos barrios antigos. Outras tantas están nos barrios de Santo Amaro e Capela do Socorro, ó sur da cidade. A maioría delas está espallada pola cidade, cercadas por barrios residenciais moi construídos, o que non lles permite grande expansión das plantas. Así, a tendencia futura das industrias máis grandes é abandonar a capital e instalarse no interior ou noutros estados.


Hoxe as principais actividades económicas da cidade son o comercio e mailos servizos. A cidade de San Paulo é sé de importantes bancos brasileiros e de sucursais de bancos extranxeiros no Brasil. A súa Bolsa de Valores (BOVESPA), fundada en 1890, é unha das principais da América Latina.

Posue tamén rúas de comercio especializado, como a Rúa Santa Ifigenia, no centro da cidade, especializada en artigos eléctricos e electrónicos, o a Rúa 25 de Março e os barrios do Bom Retiro e Brás, especializados en téxteis e roupas, co vendas por maior. Este diversificado comercio maiorista tamén atrae compradores de outros estados e ata de países viciños, que compran en grandes cantidades para revender. Posúe tamén máis de 20 grandes centros comerciais (shopping centers), algúns máis sofisticados, e outros máis populares ou de clase media.

Transportes

Metro de San Paulo
Estaçao da Luz

A cidade é atravesada por liñas de ferrocarril que a interligan coas cidades veciñas, nun total de 261,7 km. Posúe tamén unha rede de 61,3 km de trens subterráneos (metro), insuficiente para a dimensión da cidade (hai barrios situados a máis de 30 km en liña recta do centro, para non mencionar a poboación de cidades veciñas que traballa en San Paulo capital), parcialmente integrada con liñas de omnibus, e que transporta máis de 2,5 millóns de pasaxeiros por día. Existen máis de 5 millóns de automóbiles rexistrados na cidade, 1 para cada dous habitantes, que, se saísen todos ás rúas, paralisarían o tráfico. Así mesmo, unha grande cantidade de automóbiles sae diariamente ás rúas, pois os ómnibus (máis de 10 mil vehículos, perfazendo unhas 800 liñas) nem sempre utilizan os camiños máis curtos, e hai poucas faixas exclusivas de tráfico para os mesmos (as rúas, mesmo as avenidas, non foran proxectadas para o tamaño de poboación e tráfico actual), o que os torna moitas veces pouco eficientes. Somente a expansión do metro pode evitar o caos no tráfico, pois a tendencia futura é de se concentrar as oficinas comerciais nalguns barrios ao sur da cidade, a 8 ou mais quilómetros do centro, e a poboación medrar en barrios ao leste e nas cidades veciñas a oeste, a 20, 30, ou mais quilómetros do centro.

Avenida das Nacións Unidas.

Para tentar reducir o problema do tráfico e da polución, implantouse un sistema de circulación restrita de automóbiles na rexión coñecida como centro expandido (delimitada por avenidas de grande circulación que forman un anel en torno do centro) todas as semanas, de luns a venres: entre as 7:00 e as 10:00 e entre as 17:00 e 20:00 horas son prohibidos de circular, conforme o día, os automóbiles con matrículas finais 1 e 2 (luns), 3 e 4 (martes), 5 e 6 (mércores), 7 e 8 (xoves), e 9 e 10 (venres). Coñecido en San Paulo como rodízio de vehículos, actualmente apenas minimiza, sin resolver definitivamente, os problemas do tráfico nas horas de punta.

Cultura e lecer

A cidade é sé da famosa Universidade de São Paulo, unha das máis importantes universidades públicas do Brasil, e de moitas institucións de ensino superior particulares. Tamén posúe teatros, cinemas (a maioría actualmente concentrada nos shopping centers), librarías, museos, planetario e un Centro Cultural (onde hai unha biblioteca e unha discoteca con diversas obras, algunhas raras), algunhas bibliotecas públicas e un Sambódromo semellante ao de Rio de Janeiro, onde ocorren os desfiles de Carnaval da cidade.

Tódlos anos a cidade é sé dunha das competicións do Campeonato Mundial de Fórmula 1: o Grande Premio do Brasil, disputado no Autódromo de Interlagos, na zona sur da cidade.

Principais puntos turísticos

"Ponte Otávio Frias de Oliveira".
  • Parque do Ibirapuera - sitúado a 7 km do centro, o parque posúe 1,5 km² de superficie, museos, planetario, e locais para exposicións temporárias de arte.
  • Museu de Arte de São Paulo (MASP) - situado á Avenida Paulista, posui dende pinturas da Idade Media (doazóns) ata arte moderna (pasando por Clasisismo, Barroco, Romantismo, Realismo e Arte Abstrata)
  • Parque da Independencia e Museu do Ipiranga - sitúados xunto ó local onde Dom Pedro I do Brasil proclamou a independencia do país. O museu garda moviliário e roupas do século XIX e pezas de períodos anteriores.
  • Pinacoteca do Estado - sitúada 2 km ó norte do centro, posui quadros de pintores brasileiros do século XIX e dous esculturas de Rodin
  • Museu de Arte Sacra - coleción de obras relixiosas do barroco portugués e brasileiro
  • Horto Florestal - sitúado ó norte da cidade, dende pasa a liña do Trópico de Capricornio, posui un bosque de Mata Atlántica
  • Parque do Estado - sitúado á zona sur da cidade, nel están o Zoolóxico da cidade (con animais brasileiros e estranxeiros), o Xardín Botánico (espécimes brasileiras e estranxeiras) e un recinto de exposicións
  • Museu de Arte Contemporánea (MAC) - pertence á Universidade de São Paulo - USP e sitúase en seu campus, coñecido como Cidade Universitária. Ten cuadros de Pablo Picasso, Joan Miró, Wassily Kandinsky, Henri Matisse e tamén de brasileiros, como Tarsila do Amaral, Di Cavalcanti e Cândido Portinari.
  • Memorial do Inmigrante: sitúado ó barrio da Mooca, na antiga hospedaría dos inmigrantes que chegaran a San Paulo dende 1887 ata 1978. Garda fotografías, moviliário, listas de pasaxeiros de navíos, co nomes de inmigrantes italianos, españóis, portugueses, xaponeses, e outros obxectos. O visitante pode consultar rexistros dos seus antepasados e parentes de orixe estranxeira que inmigraron para o Brasil.
"Jardins".
  • Museu Lasar Segall - casa onde morou no Brasil por 25 anos o pintor expresionista de orixe rusa Lasar Segall. Nela están 3 mil obras súas. A súa biblioteca tamén pode ser visitada, e ten 18 mil títulos.
  • Catedral Metropolitana ou Catedral da Sé - inaugurada o 1954 nas comemoracións dos 400 anos da cidade. En estilo neogótico, no seu interior está un órgano que pertenceu á antiga Igrexa da Sé, demolida en 1913. Está xunto á estación do metro.
  • Pátio do Colégio ("Pátio do Colexio") - Conxunto arquitectónico erguido no local onde José de Anchieta fundou a cidade e seu colexio para catequese dos indios. Fai parte do conxunto o Museu de Anchieta, que garda unha pía bautismal de 1556.
  • Autódromo de Interlagos - sitúado na zona sur da cidade. Nele acontecen o Grande Prémio do Brasil de Fórmula 1, e ás veces outras competicións, como a Fórmula Truck (corrida de camións) ou eventos relixiosos.
  • Centro Cultural de San Paulo - sitúado xunto á estación Vergueiro do metro (Liña Azul). Ten unha vasta biblioteca, unha discoteca e local para apresentacións de teatro.

Gastronomía

"Centro Histórico".

San Paulo e considerada unha capital da gastronomía pola grande cantidade e variedade de restaurantes que tén. Salienta a arte culinaria que veu cos inmigrantes (portugueses, italianos - destacando as súas pizzas e macarróns -, xaponeses, árabes, españois, xudeus, chineses e alemáns), a cociña brasileira do Noreste e de Minas Xerais, o churrasco (carne de gando asada en espetos), a popular feijoada brasileira (prato a base de feixóns negros, carne seca de gando e porco, servida con arroz, couve cocida e mollo de pementa) e ata mesmo a gastronomía francesa e internacional en restaurantes máis sofisticados. Podese ata mesmo mesturar estas influencias culinarias nunha mesma comida: nunha churrascaria, por exemplo, pódese atopar como acompañamento das carnes as ensaladas, as esfihas árabes, as paellas de orixe española ou os sushis de orixe xaponesa.

Curiosidades

  • São Paulo conta coa segunda maior flota de helicópteros do mundo, só superada por Nova York.
  • São Paulo posúe o quinto maior zoolóxico do mundo.
  • O PIB da cidade de São Paulo foi de 102,4 mil millóns de dólares no 2006, o máis grande dunha cidade latinoamericana.
  • O orzamento da cidade é o terceiro maior do Brasil, só aventaxado polo do goberno federal e o do Estado de São Paulo.
  • A rúa Oscar Freire é unha das oito máis luxosas do Mundo segundo a "Mistery Shopping International"
  • São Paulo é un dos maiores centros xeradores de tendencias de Moda do Mundo. Tamén atópase en São Paulo Daslu, a tenda de ropa máis cara e luxosa do mundo.
  • Actualmente, o prato oficial da cidade é a pizza, cunha produción de preto dun millón de unidades por día, só superada por Nova York.
  • São Paulo é a maior cidade portuguesa fóra de Portugal.
  • São Paulo é a maior cidade xaponesa fóra do Xapón.
  • São Paulo é a maior cidade española fóra de España.
  • São Paulo é a maior cidade italiana do mundo.
  • São Paulo é a terceira cidade coa maior comunidade libanesa do mundo.
  • Entre as celebridades nadas na cidade, atópanse Rubens Barrichello, Maria Ester Bueno, Emerson Fittipaldi, Ayrton Senna, Fernando Meirelles, Marcos Senna, Rita Lee, Hélio Castroneves, Cafú e Roberto Rivelino.

Cidades irmás

Ligazóns externas

32' 35.88" S. 46° 37' 58.8" O_E_ 0°00′00″N 0°00′00″L / 23_32_35.88_S_46_37_58.8_W, 23° 32' 35.88" S. 46° 37' 58.8" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA