L'Aquila: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
EmausBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sc:L'Aquila
Liña 68: Liña 68:
[[ru:Л’Акуила]]
[[ru:Л’Акуила]]
[[sah:Аквила]]
[[sah:Аквила]]
[[sc:L'Aquila]]
[[scn:L'Aquila]]
[[scn:L'Aquila]]
[[simple:L'Aquila]]
[[simple:L'Aquila]]

Revisión como estaba o 13 de xullo de 2010 ás 20:25

L'Aquila é a cidade capital de Abruzzo, rexión no centro de Italia, cunha poboación de 73.150 habitantes, e capital da provincia de L'Aquila. Aínda que está a menos de dúas horas con coche desde Roma, a cidade (rodeada de muros medievais) aínda non se viu influenciada polo turismo. L'Aquila alberga moitas industrias electrónicas.

Na madrugada do 6 de abril de 2009 foi o epicentro dun terremoto de 6,3 grados na escala de magnitude de momento, que provocou a morte de 294 personas e deixou feridos a máis de 1.500 en toda a rexión de Abruzzo.

En xullo de 2009 a localidade acolleu o 35.º Cumio do G8.

Fracciones

Aquilio, Aragno, Arischia, Assergi, Bagno, Bazzano, Camarda, Cansatessa, Casaline, Cermone, Cese, Civita di Bagno, Colle di Preturo, Colle di Sassa, Colle Roio - Poggio di Roio, Collebrincioni, Collefracido, Coppito, Filetto, Foce, Forcelle, Fossa, Genzano, Gignano, Monticchio, Onna, Paganica, Pagliare di Sassa, Pescomaggiore, Palombaia, Pettino, Pianola, Pile, Pizzutillo, Poggio Picenze, Poggio Roio, Poggio Santa Maria, Pozza di Preturo, Pratelle, Preturo, Ripa, Roio Piano - Poggio di Roio, San Demetrio Ne'Vestini, San Giacomo alto, San Giuliano, San Gregorio, San Leonardo, San Marco Di Preturo, San Martino di Sassa,san pio delle camere, Santa Rufina, Sant'Angelo, Sant'Elia, Santi, San Vittorino, Santi, Sassa, Tempera, Torretta, Valle Pretara, Vallesindola, Vasche.

Lugares de interese

Algúns lugares de interese son: A Rocca, un forte español do século XVI; construído baixo a dirección do enxeñeiro valenciano Pedro Luis Escrivá,[1][2] a basílica románica de Santa María de Collemaggio (onde foi coroado e soterrado o Papa Celestino V); a basílica de San Bernardino; e a Fontana medieval dos 99 chorros (aínda non se sabe de onde provén a auga) que conmemora aos 99 pobos que se di que estableceron a cidade. A Fontana Luminosa é outro lugar de interese, unha escultura de dúas mulleres sostendo varios xarróns, feita durante os anos 30.

Nos arredores da cidade hai ruínas romanas (Amiternum), antigos mosteiros, e numerosos castelos. O máis coñecido de eles é o de Rocca Calascio, que é o castelo máis alto de Italia e un dos máis altos de Europa. Tamén hai pistas de esquí no Gran Sasso d'Italia, o maior dos Apeninos.

Referencias