Santiago de Chile: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: mk:Сантјаго
Xas (conversa | contribucións)
homónimos
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Santiago}}
{| border=1 align=right cellpadding=4 cellspacing=0 width=300 style="margin: 0 0 1em 1em; background: #f9f9f9; border: 1px #aaaaaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 95%;"
{| border=1 align=right cellpadding=4 cellspacing=0 width=300 style="margin: 0 0 1em 1em; background: #f9f9f9; border: 1px #aaaaaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 95%;"
|+ style="font-size: larger;"|'''Santiago de Chile'''</font><br>
|+ style="font-size: larger;"|'''Santiago de Chile'''</font><br>

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2010 ás 16:07

Santiago de Chile
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Chile
Rexión Rexión metropolitana de Santiago
Superficie 641,4 km2
Poboación 6.402.7552 (2002)
Alcalde Raúl Alcaíno Lihn
Páxina Oficial

Santiago de Chile, oficialmente Santiago, é a capital da República de Chile. Foi fundada por Pedro de Valdivia o 12 de febreiro de 1541 co nome de Santiago de la Nueva Extremadura.

A cidade de Santiago comprende a conurbación da Grande Santiago, composta por 34 comunas. Non existe un goberno metropolitano para a cidade. Cada comuna encárgase das funcións administrativas, tributarias e regulatorias correspondentes, así como da administración dos servizos de saúde e educación.

A poboación de Santiago segundo o Censo de 2002 é de 6,4 millóns de habitantes na súa área metropolitana. É a cidade máis poboada do Chile, o que resultou nun medre sen planificación, e que ademais absorbeu parte dos mellores terreos de cultivo da zona centro do país.

Demografía

Evolución da poboación de Santiago de Chile entre 1860 e2020.
Alameda del Libertador Bernardo O'Higgins, principal arteria da capital chilena.
Ficheiro:Ahumada con Nueva York.jpg
Paseo Ahumada esquina Rúa Nueva York.

Santiago de Chile ten unha poboación que, segundo o Instituto Nacional de Estatísticas de Chile no ano 2003 chegaba ós 6.269.629 habitantes. A poboación da cidade sufriu un grande medre ao longo do século XX: en 1907 a cidade tiña 383.587 habitantes; 1.010.102 en 1940, 2.009.118 en 1960 e 3.899.619 no ano 1982.

Santiago experimentou durante o século XX un grande aumento demográfico sendo determinante a súa condición de capital. Absorbeu sucesivamente a migración provinte dos campamentos mineiros do norte de Chile durante a crise económica dos anos 1930; e na década dos 40, a constante chegada de poboación desde os asentamentos rurais.

Nun primeiro momento esta poboación tivo que asentarse nos coñecidos como cités, lugares de vivendas comunitarias preferentemente situadas nas zonas próximas ao centro da cidade. As posteriores inmigracións provocaron o nacemento de poboacións callampas e tomas de terreos para o florecemento dos campamentos. Durante os últimos anos foron desaparecendo en gran medida, grazas á axuda do goberno e institucións solidarias como Un Techo para Chile, sendo substituídos por vivendas sociais nas comunas da periferia.

As clases acomodadas que tradicionalmente habitaran as rúas céntricas (Toesca, Av. Brasil, República, París, Londres etc) comezaron a migraren a partir dos anos 1930 cara ao sector oriental da capital, conformándose no lado nororiental o chamado Barrio Alto (ou zona oriente), con características de cidade xardín, primeiro nas comunas de Providencia e Ñuñoa, logo nas actuais comunas de Las Condes e Vitacura, e actualmente no sector de La Dehesa, comuna de Lo Barnechea.

Nos últimos anos, sen embargo, houbo un lento proceso de emigración cara a terreos máis rurais, como El Arrayán e Chicureo na zona nororiente, Lonquén na zona surponiente e Pirque na zona suroriente, debido á parcelización dos campos e aos novos condominios exclusivos.

Pero o groso da poboación pertence á clase media, a cal comezou a nacer durante o século XX. Actualmente domina os sectores periféricos e centrais da cidade, grazas ao nacemento dos barrios construídos en comunas como La Florida, Maipú e Puente Alto (as comunas máis poboadas do país na actualidade, superando os 400 mil, 500 mil e 600 mil habitantes respectivamente), e en departamentos nas zonas centrais grazas ao subsidio de renovación urbana, nas comunas de Santiago e San Miguel. O acceso ao consumo e crédito máis os beneficios estatais ao sector inmobiliario permitiron un explosivo boom da construción en todas as comunas mencionadas anteriormente.

Cidades irmás

A cidade de Santiago firmou diversos protocolos de irmandamento, dentro das cales atópanse:

Ademais, Santiago pertencen á rede de Mercocidades, firmada por 180 urbes dos países membros do Mercosur,[15] e da Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas (UCCI), protocolo asinado por tódalas cidades capitais de Iberoamérica máis Barcelona e Río de Xaneiro.[16]

Galería

Referencias

  1. Greater Municipality of Ankara. "List of the Sister Cities and 5th May Europe Day Celebration" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  2. Ciudad Autónoma de Buenos Aires. "Convenios de hermanamiento" (PDF).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  3. Municipalidad de Guayaquil. "GYE en el Mundo/Ciudades Hermanas".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  4. Chile Asia Pacífico - BCN. "Santiago se hermana con Hefei".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  5. Офiцiйний портал Київської мiської влади. "Перелік Угод" (RTF) (en ucraniano).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  6. Ayuntamiento de Madrid. "Relaciones internacionales: Relación de ciudades" (DOC).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  7. City of Miami. "Programa Ciudades Hermanas".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  8. City of Minneapolis. "International connections" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  9. Mairie de Paris. "Les pactes d'amitié et de coopération" (en francés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  10. Chile Asia Pacífico - BCN. "Santiago y Beijing firman hermandad".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  11. El Periódico de Extremadura. "Plasencia y Chile sientan las bases de su hermanamiento".  Parámetro descoñecido |fechacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  12. Municipalidad de Riga. "Rīgas sadraudzības pilsētas" (en letón).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  13. Secretaria Municipal de Relações Internacionais. "As Cidades-Irmãs de São Paulo" (en portugués).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  14. Municipio de Querétaro. "Boletín No.100/2008".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  15. Mercociudades. "Ciudades miembros".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  16. Ayuntamiento de Madrid. "Unión de Ciudades Capitales Iberoamericanas".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)

Véxase tamén

Ligazóns externas

26' 16" S. 70° 39' 01" O_E_ 0°00′00″N 0°00′00″L / 33_26_16_S_70_39_01_W, 33° 26' 16" S. 70° 39' 01" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Modelo:Link FA