Forte da Ínsua: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: substitúo a ligazón rota ippar.pt por igespar.pt
m →‎Ligazóns externas: (en) correct links Igespar
Liña 28: Liña 28:


===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://www.igespar.pt/en/patrimonio/pesquisa/geral/benscomproteccaolegal/detail/70476/ Instituto Português do Património Arquitectónico (IPPAR)] {{pt}}.
*[http://www.igespar.pt/en/patrimonio/pesquisa/geral/patrimonioimovel/detail/70476/ Instituto Português do Património Arquitectónico (IGESPAR)] {{pt}}.
*[http://moledo-minho.blogspot.com/2008/03/histria-do-forte-da-nsua-nsua-history.html "História do Forte da Ínsua"], no blog ''Moledo do Minho'' {{pt}}.
*[http://moledo-minho.blogspot.com/2008/03/histria-do-forte-da-nsua-nsua-history.html "História do Forte da Ínsua"], no blog ''Moledo do Minho'' {{pt}}.
*[http://vilapraiadeancora.blogs.sapo.pt/48341.html "Forte da Ínsua"], no blog ''Vila Praia de Âncora'' {{pt}}.
*[http://vilapraiadeancora.blogs.sapo.pt/48341.html "Forte da Ínsua"], no blog ''Vila Praia de Âncora'' {{pt}}.

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2010 ás 12:53

Moledo
Monumento Nacional
ConcelloCaminha
Coordenadas41°51′33″N 8°52′29″O / 41.85916667, -8.87472222Coordenadas: 41°51′33″N 8°52′29″O / 41.85916667, -8.87472222
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalabaluartado (1649-1652)
Estilo actual? (mal conservado)
Estado actualPortugal
editar datos en Wikidata ]

O Forte da Ínsua é unha fortificación situada na parroquia de Moledo, no concello de Caminha, no distrito de Viana do Castelo, en Portugal.

A insua de Santo Isidro está situada no esteiro do río Miño, a douscentos metros da costa.

Antecedentes

Esta pequena illa foi utilizada como lugar de culto. En época cristiá había nela unha pequena ermida, baixo a invocación da Nosa Señora da Ínsua.

O primitivo forte

Durante o reinado de Xoán I de Portugal, franciscanos de Galicia ergueron un mosteiro entre 1388 o 1392. Algúns autores que remonta a esa época a primeira defensa local, coa función de protección da barra do río e dos relixiosos.

Máis tarde o rei Manuel I de Portugal tería reformado e ampliado esa defensa en 1512, ao igual que faría anos máis tardes Filipe I de Portugal. Non existen vestixios desas estruturas achegadas.

O forte setecentista

Forte da Ínsua: aspecto dun baluarte.

Situado nunha rexión fronteiriza estratéxica para o acceso a Caminha, a actual estrutura débese ao contexto da Guerra da Restauración da independencia portuguesa, durante o reinado de Xoán IV de Portugal, mandada construír entre 1649 e 1652 por Diogo de Lima.

Reparada e reforzada nos séculos seguintes, foi abandonado até que, en 1940, pasou a mans do Ministério das Finanças de Portugal.

Actualmente está en condicións precarias de conservación. Rexistrou a perda dos soportes de madeira dos tellados e das tellas, dos azulexos seiscentistas, das pinturas e das imaxes da capela. O remanescente pode ser visitado polo público, sendo a travesía até a insua feita por pequenas embarcacións locais.

Características

O forte presenta planta cadrangular con baluartes nos vértices. Un revelín protexe o portón de armas. En torno ao terraplén, ao abrigo das murallas, encóntranse os depósitos e cuarteis da tropa. No centro encóntranse as edificacións de servizo: Casa de Comando e cuartel da tropa, cociña, paiol e capela. Un pozo de auga potable abastecía á guarnición, composta por un Gobernador (comandante) e doce prazas, renovadas semanalmente. Ese pozo destaca por se situar no mar, sendo un dos tres únicos existentes no mundo con esa característica.

Véxase tamén

Bibliografia

Ligazóns externas