Maria Winckelmann Kirch: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pms:Maria Winkelmann
Liña 14: Liña 14:
[[fi:Maria Margarethe Kirch]]
[[fi:Maria Margarethe Kirch]]
[[pl:Maria Margarethe Kirch]]
[[pl:Maria Margarethe Kirch]]
[[pms:Maria Winkelmann]]

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2010 ás 18:24

Maria Winckelmann, coñecida como Maria Margaret Kirch, nada en Leipzig o 25 de febreiro de 1670 e falecida en Berlín o 29 de decembro de 1720, foi unha astrónoma alemá.

Traxectoria

Era filla dun ministro protestante que non lle deu educación formal. Nembargantes, interesouse pola astronomía a través de Christoph Arnold von Sommerfeld, coñecido polo alcume do paisano astrónomo. No 1692 casou cun astrónomo que a animou e do que aprendeu o que necesitaba para os seus labores científicos. Traballaron conxuntamente, se ben debido á súa condición de muller só o seu marido traballou na Berliner Akademie. Ela descubriu o cometa coñecido como cometa de 1702. Tras a morte do seu marido en 1714, comezou a publicar de xeito independente, e traballou no cálculo do calendario para o observatorio do Baron von Krosigk co seu fillo, quen tamén chegaría a pertencer á Berliner Akademie.

Véxase tamén

Outros artigos