Xil Ríos: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 60: | Liña 60: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
||
*[http://www.xilrios.org Web oficial de Xil Ríos] |
|||
*[http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/docs/editados.pdf Consello da Cultura] |
*[http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/docs/editados.pdf Consello da Cultura] |
||
*[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/04/13/1610705.shtml artigo sobre o disco ''Que non decaia''] en ''La voz de Galicia'' |
*[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/04/13/1610705.shtml artigo sobre o disco ''Que non decaia''] en ''La voz de Galicia'' |
Revisión como estaba o 5 de xullo de 2010 ás 13:35
Xosé Antón Xil Ríos, coñecido artísticamente como Xil Ríos, nado en Moaña é un cantante, compositor e cantautor galego.
Traxectoria
Provén dunha familia mariñeira. Comezou a súa traxectoria en 1971 no Festival "Dorna" de Vigo onde quedou segundo, tras Joan Baptista Humet co tema "Una anaco de pan". O seu primeiro sinxelo estreouse no Festival do Viño do Condado de 1972. Nel destaca o tema "Nosa Galicia", no que trata problema da emigración. Tralo éxito deste tema, a primeira canción que el compuxo, foi bautizado polo escritor galego Xosé María Castroviejo como rapsoda de Moaña.
Outro tema salientábel é "Aos meus amigos", que foi vetado na televisión española durante o franquismo: cunha temática reivindicativa dos dereitos mariñeiros.
No ano 1973 gañou o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Festival do Miño. Cómpre destacer o contido social e crítico das letras de Xil Ríos, que é contemporáneo doutros autores como Voces Ceibes.
Outros datos
- Ademais da vertente musical, Xil Ríos traballou como hostaleiro na súa localidade natal, Moaña.
- No ano 2008 "2001 Producciones Artísticas SL" elabora o recompilatorio 15 cancións de ouro de Xil Ríos, onde se pode atopar unha escolma simbólica da súa traxectoria.
- O seu disco orixinal máis actual, Vai e vén, constitúe o seu maior achegamento ao folk e nel colaboran artistas como Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane ou Uxía Senlle.
- Foi futbolista moitos anos e chegou a adestrador do Moaña F.C.
Publicacións musicais de Xil Ríos
Individuais ou con colaboracións puntuais
- Nosa Galicia; Aos meus amigos (1972)
- Un anaco de pan; A parranda (1972)
- Miña Maruxiña; El viento canta conmigo (1973)
- Vamos a beillar; Miña nena (1974)
- Os mariñeiros; El pregonero (1974)
- Xil Ríos (1974)
- Miña rapaciña; Galeguiños (1975)
- Nunca cambiarás; Querida miña (1976)
- Trouleada; Outono (1979)
- Xirarei (1980)
- A rapaciña galega; O San Blas (1980)
- Giraré (1980)
- Xirarei (1980)
- Tan ta ran tan; Cantiga dos cegos (1981)
- Tan ta ran tan (1981)
- Rapaciña Bonita; Miña compañeira (1985)
- Rapaciña Bonita(1985)
- De carrallada; Morena (1987)
- De Carallada (1987)
- Ledicia (1988)
- Nosa Galicia (1991)
- Romería galega (1992)
- Ai María, María (1992)
- Que non decaia (1992)
- Baila (1995)
- Xil Ríos (1996)
- O mellor de Xil Ríos (1999)
- Meu País (1999)
- Quen non decaia (2002)
- Vai e vén (2004)
- O mellor de Xil Ríos. Vol.II (2005)
- 15 cancións de ouro de Xil Ríos (2008)
- O Son da Alma (2010)
Selección das publicacións colectivas
- Los mejores cantantes gallegos (1974)
- Recordo de Galicia (1975)
- Cancionero popular gallego (1989)
- Galicia Nai (con Xoán Rubia, 1992)
- A gran escolma da música galega. Solistas (1993)
- Así é a miña terra (1999)