Cordilleiras Costeiras Catalás: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ru:Каталонские горы |
m bot Engadido: fr:Cordillère littorale |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
[[es:Cordilleras Costero Catalanas]] |
[[es:Cordilleras Costero Catalanas]] |
||
[[eu:Katalunia Kostaldeko Mendilerroak]] |
[[eu:Katalunia Kostaldeko Mendilerroak]] |
||
[[fr:Cordillère littorale]] |
|||
[[nl:Catalaans Kustgebergte]] |
[[nl:Catalaans Kustgebergte]] |
||
[[ru:Каталонские горы]] |
[[ru:Каталонские горы]] |
Revisión como estaba o 5 de xullo de 2010 ás 08:31
Pirineo Prepirineo Depresión Central Catalana Pequenas estribacións na Depresión Central | Cordilleira Transversal Cordilleira Prelitoral Cordilleira Litoral Depresión Litoral e Prelitoral e outras planícies costeiras |
O Sistema Mediterráneo Catalán, tamén coñecido como as Cordilleiras Costeiras é un sistema dual de aliñacións montañosas paralelas, a Cordilleira Prelitoral e a Cordilleira Litoral. Estas dúas cadeas están separadas por unha fosa tectónica coñecida como a Depresión Prelitoral. A Cordilleira Prelitoral é a aliñación interior, que se estende desde a desembocadura do Ter ata o Montsià, e presenta os puntos máis altos do conxunto do Sistema. o Montseny, é o pico máis alto, con 1.712 m. de altitude. A Cordilleira Litoral, por contra, é a aliñación exterior, paralela á costa, que se estende desde o Empordà ata o Campo de Tarragona, e as súas altitudes son menores. O Montnegre é o punto máis alto con 763 m. de altitude.
O Sistema Mediterráneo Catalán é dicir - as dúas cordilleiras de xeito paralelas - esténdese de suroeste a nordeste ata unirse co contrafuertes dos Pireneos que se estenden desde o mar Mediterráneo cara ao oeste. De feito, os Pireneos e o Sistema Mediterráneo Catalán enmarcan un área interior máis chaira coñecida como a Depresión Central Catalá.
Geológicamente o sistema é moi complexo. É o resultado do levantamento tectónico dun antigo macizo dunha lonxitude de máis de 300 km. Diferéncianse dous grandes sectores cuxa liña divisoria é o río Llobregat. O sector do norte está constituído por materiais paleozoicos e cristalinos, mentres que o sector do sur está formado por sedimentos mesozoicos e terciarios.
Transversalmente, o Sistema Mediterráneo pódese dividir en tres unidades:
- os relevos setentrionais, que se estenden do Empordà ao Llobregat,
- os relevos centrais, do Llobregat ao Ebro, e
- os relevos meridionais, do baixo Ebro ata o río Millars na Comunidade Valenciana.