Jeannie Longo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2010 ás 02:04

Jeannie Longo

Jeannie Longo, nada o 31 de outubro de 1958 en Annecy, Francia, é unha ciclista profesional que viviu a súa época dourada na década dos 90. Comparada con Eddy Merckx, polo seu dominio no ciclismo feminino, é famosa pola súa natureza altamente competitiva e a súa lonxevidade como deportista. En Pequín 2008 participou nos seus sétimos Xogos Olímpicos, ficando ás portas do bronce, na cuarta posición na proba de contrareloxo, a só dous segundos da suíza Karin Thürig.[1]

Posúe catro medallas olímpicas e trece títulos mundiais, en ciclismo en ruta e en pista, ademais de 38 marcas mundiais.[2]

Empezou a súa carreira deportiva como esquiadora, deporte no cal foi campioa do seu país na categoría escolar en 1975. Catro anos despois, en 1979, Jeannie foi campioa universitaria nas categorías de descenso, slalom e xigante.

Foi entón cando, o daquela seu adestrador, e actualmente esposo, Patrice Ciprelli, a faría pasarse ao ciclismo. Poucos meses despois gañou o Campionato Nacional de Francia de ciclismo en ruta.

En xuño de 2009 sumou o seu 56º título nacional, ao proclamarse campioa de Francia en contrarreloxo, con 50 años.

Ademais dos seus logros deportivos, Longo tamén traballou no eido académico, licenciándose en Matemáticas e Xestión Económica e doutorándose en Deporte.

Palmarés

Xogos Olímpicos

  • Medalla de ouro de ciclismo en ruta en 1996
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta contrarreloxo en 1996
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta en 1992
  • Medalla de bronce de ciclismo en ruta contrarreloxo en 2000

Campionatos do mundo

  • Campioa do mundo de ciclismo en ruta en 1985, 1986, 1987, 1989 e 1995
  • Campioa do mundo de ciclismo en ruta contrarreloxo en 1995, 1996, 1997 e 2001
  • Campioa do mundo de ciclismo en pista (persecución) en 1986, 1988 e 1989
  • Campioa do mundo de ciclismo en pista (carreira de puntos) en 1989
  • 2 medallas de prata de ciclismo en ruta en 1981 e 1993
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta contrarreloxo en 2000
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta contrarreloxo por equipos en 1992
  • 3 medallas de prata de ciclismo en pista en 1984, 1985 e 1987
  • Medalla de prata de cyclo-cross en 1993
  • 2 medallas de bronce de ciclismo en ruta en 1994 e 2001
  • 3 medallas de bronce de ciclismo en pista en 1981, 1982 e 1983

Campionatos de Europa

  • Campioa de Europa de campo a través en 1994

Campionatos de Francia

  • 57 títulos de campioa de Francia (primeiro título sobre ruta en 1979 e último en contrarreloxo en 2010), nas especialidades: en ruta, de contrarreloxo, de persecución, de carreira aos puntos, de campo a través (VTT), de contrarreloxo por equipos.
  • Campioa de Ile-de-France: persecución, carreira aos puntos, en ruta: de 1992 a 1996
  • Campioa de Dauphiné-Savoie: en ruta, velocidade, persecución, carreira aos puntos: de 1977 a 1989

Tour de Francia feminino

  • Gañadora en 1987, 1988 e 1989
  • 2ª en 1985, 1986, 1992 e 1995
  • 3ª en 1996
  • Clasificación por puntos en 1985, 1986, 1987 e 1988
  • Clasificación da montaña en 1989

Outros

Recoñecementos

Dopaxe

En novembro de 1987, tras superar a marca mundial de 3.000 metros en Colorado Springs, Longo deu positivo por efedrina no control antidopaxe.[3]

Notas

  1. "Longo, 49 años y cuarta". El Periódico de Aragón. 14-8-2008. Consultado o 4-07-2010. 
  2. "Jeannie Longo, Beijing 2008". ESPN. 2008. Consultado o 4-07-2010. 
  3. "Longo: "No aceptaré ninguna suspensión"" (PDF). El Mundo Deportivo. 13-11-1987. Consultado o 8-8-2009. 

Véxase tamén