Municipio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Modificado: an:Municipio
Liña 71: Liña 71:
*Nas [[Filipinas]], unha municipalidade (''[[Cidades das Filipinas|bayan]]'') é unha parte dais parte dunha provincia (''[[Provincias da Filipinas|lalawigan]]'') e é composta de [[barangay]]s.
*Nas [[Filipinas]], unha municipalidade (''[[Cidades das Filipinas|bayan]]'') é unha parte dais parte dunha provincia (''[[Provincias da Filipinas|lalawigan]]'') e é composta de [[barangay]]s.
*Na [[Grecia]], unha municipalidade é tanto unha son tantos urbanas (''demoi'') canto rurais (''koinotetes''), que fan parte dunha [[prefeitura]] (''[[nomos]]'') dunha rexión maior coñecida como [[perifería]]s.
*Na [[Grecia]], unha municipalidade é tanto unha son tantos urbanas (''demoi'') canto rurais (''koinotetes''), que fan parte dunha [[prefeitura]] (''[[nomos]]'') dunha rexión maior coñecida como [[perifería]]s.
*En [[Honduras]], unha municipalidade é un anaco dun [[Subdivisións das Honduras|departamento]].
*Na [[Italia]], unha municipalidade (''[[comunas italianas|comune]]'') é parte dunha provincia (''[[Provincias da Italia|provincia]]'') que é parte dunha rexión (''[[Rexións da Italia|regione]]'').
*Na [[Italia]], unha municipalidade (''[[comunas italianas|comune]]'') é parte dunha provincia (''[[Provincias da Italia|provincia]]'') que é parte dunha rexión (''[[Rexións da Italia|regione]]'').
*No [[Xapón]], calquera goberno alén do goberno nacional xaponés é chamado municipalidade.
*No [[Xapón]], calquera goberno alén do goberno nacional xaponés é chamado municipalidade.

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2010 ás 14:05

O concello ou municipio é, nas as súas diversas formas, e baixo diferentes designacións, a estrutura básica de administración local en moitos países do mundo. Con orixes diferentes, consoante as tradicións locais, os concellos modernos teñen, porén, bastantes puntos de contacto na súa estrutura e competencias.

En xeral, poden distinguirse tres tipos de concellos:

  • Urbanos - concellos constituídos exclusivamente, ou case, por territorio urbanizado;
  • Rurais - municipios constituídos por un ou máis núcleos poboacionais de pequenas dimensións e por territorio non urbanizado relativamente vasto;
  • Mixtos - concellos que comprenden cantidades significativas quer de territorio urbano, quer de territorio rural.

Nalgúns países e nalgunhas subdivisións doutros países (como algúns estados norte-americanos), estes diferentes tipos están separados por lei, constituíndo diferentes unidades administrativas. Noutros, como en Portugal e España, todos os concellos son iguais ante a lei, aínda que por mor da súa poboación ou características estean suxeitos a un distinto trato financeiro, electoral etc. (achegas doutras administracións, número de concelleiros elixibles, estatutos de capitalidade, áreas metropolitanas etc).

Municipalidade como entidades de primeiro nivel

Os concellos en España

O goberno e a administración autónoma do municipio correspóndenlle ao Concello, integrado polo alcalde e polos concelleiros. Estes últimos son elixidos mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto, por períodos de 4 anos. O alcalde é elixido polos concelleiros en sesión plenaria, ou directamente polos veciños en certos casos contemplados na lei.

Os órganos que integran a organización municipal son os seguintes:

Pleno. Formado polo conxunto de concelleiros electos, presididos polo alcalde e asistidos polo secretario.

O alcalde desempeña as funcións de dirección do goberno e da administración municipal, así como as demais atribucións que lle outorga a vixente lexislación e, entre elas, a organización das áreas que integran o goberno municipal e dos departamentos, servizos e outros entes que constitúen a administración municipal. Tamén é atribución do alcalde a representación do Concello, sen prexuízo da súa posible delegación. Nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, será substituído polos tenentes de alcalde na orde e coas competencias que se deriven do seu nomeamento.

Tenente/s de alcalde. Substitúe o alcalde en caso de ausencia ou enfermidade, función que realiza de forma independente á competencia que lle corresponda na área como edil.

A xunta de goberno é o órgano que ten como atribución propia e indelegable a asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas funcións. Así mesmo, exercerá as competencias que lle deleguen o alcalde e o pleno municipal, cando teñan este carácter. Está integrada polo alcalde, que a preside, e polos concelleiros nomeados libremente por el como membros dela, que son asistidos nas súas reunións polo secretario xeral da corporación.

Comisións informativas. Estudan aqueles asuntos que son relevantes para o municipio e pásanlle, posteriormente, un informe ao pleno municipal, para a súa aprobación.

A nivel particular, cada un dos concelleiros que integran a xunta de goberno mantén unha serie de competencias municipais propias con respecto á área da súa responsabilidade.

Municipios brasileiros

Municipio é a menor unidade político-administrativa no Brasil, estando abaixo das Unidades Federativas (UF ou Estado). Posúe apenas dous Poderes: o Executivo (Prefeitura) e o Lexislativo (Cámara de Vereadores). Xeralmente un municipio é composto dunha cidade, a súa sede, e veciñanzas rurais. Mais tamén presentase na forma de varios núcleos urbanos dentro do mesmo territorio municipal. Cando temos cidades que se desenvolveron moito e aproximaron doutros municipios, damos o nome de Rexión metropolitana. En especial acontece coas capitais dos estados.

É o municipio que coida directamente de varios aspectos prácticos da vida da poboación, como rexistro de inmobles, de logradouros públicos menos importantes (rúas), asfaltamento de rúas, fiscalización do tránsito nos logradouros baixo a súa xurisdición, mais a lexislación do tránsito é federal. Prové tamén o ensino básico nas súas escolas. Mantén postos de saúde para a súa poboación. Controla e fiscaliza o transporte público municipal (taxis, onibús urbano, vans). Prové e/ou fiscaliza a coleta de lixo domiciliar. Controla e fiscaliza as feiras libres.

As subdivisións políticas do municipio (distritos) son órganos sometidos ao poder da prefeitura. Un municipio é dividido en barrios dentro dunha mesma rexión. Pode tamén presentar sub-prefeituras, descentralizando a administración no día a día. En todo caso, o poder político executivo é exclusivamente do Prefeito, sendo todos os outros auxiliares da súa indicación (cargos de confianza).

O municipio non posúe forza policial armada, mais posúe a guarda municipal, que en xeral non usa armas de fogo.

No Brasil, o deseño dos limites municipais raramente coincide cos limites urbanísticos, naturais ou culturais dunha cidade, atendendo primariamente a intereses políticos de oligarquías locais. Basta tomar como exemplo que a cidade (mancha urbana) do Río de Xaneiro ten extensión territorial totalmente desconexa do município do Río de Xaneiro; encanto aquela se expande para outros municipios limítrofes, este inclue aglomeracións fisicamente separadas, como a Barra da Tixuca. O proceso de emancipación municipal no Brasil sufriu forte revés despois de 1996, ano en que unha lei aprobada no Senado Federal ampliou os requisitos necesarios para a creación de novos municipios.

Actualmente, o Brasil posúe 5.560 municipios en 26 Estados máis un DF (Distrito Federal); O maior municipio do Brasil é San Paulo, que posúe 1522,986 km² e unha poboación de 10.927.985 de habitantes (Proxeción de 01/07/2005). Fonte: IBXE - Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística

Municipios portugueses

Os 308 municipios portugueses (autarquías locais) corresponden, en territorio, aos chamados concelhos, que son a subdivisión territorial máis consistente que o país tivo ao longo dos seus 800 anos de historia. Con orixe nas cartas de foral que os reis atribuían a certas terras e aos territorios limítrofes, o tipo de administración dos municipios/concellos foi variando substancialmente ao longo do tempo: fóronse creando uns, extinguindo outros, foron variando as súas competencias e nalgúns o territorio, mais os municipios/concellos permaneceron.

Hoxe, os municipios son rexidos por unha Cámara Municipal, órgano executivo, e teñen unha Asemblea Municipal, que é o órgano deliberativo. A Cámara é o órgano executivo que trata do goberno e dos asuntos correntes do municipio. Consonte a poboación do concello, a cámara municipal pode ser constituída por un número de vereadores impar entre 5 e 17 (en Lisboa), elixidos por sufragio directo e universal en listas, partidarias ou non. O executivo é representativo, incluíndo tipicamente vereadores elixidos por varias listas. A Asemblea é o "parlamento" do municipio, cuxa competencia principal é a fiscalización da actividade da cámara municipal. Parte dos seus membros, en número que varía coa poboación do concello e tamén co número de freguesias, é elixida por sufraxio directo e universal en listas que poden, ou non, ser partidarias, e a outra parte é composta por membros por inherencia: os presidentes das xuntas de freguesía do concello.

Municipios noutros países

Municipalidade como entidades de segundo nivel

  • Na África do Sur, municipalidades son divisións dunha provincia, e organizadas polo tamaño. En orde decrecente: metrópole, distrito, local.
  • Na Alemaña, unha municipalidade (Gemeinde) é parte dun distrito (Kreis). Entidades grandes de mesmo nivel son chamadas de cidade (Stadt).
  • Na Australia, unha municipalidade é unha cidade, ou condado, sendo unha subdivisión do estado.
  • Na Austria, unha municipalidade (Gemeinde) é unha parte do distrito (Becirk), que é pola súa vez parte do estado (Bundesland).
  • Na Bélxica, unha municipalidade é parte dunha provincia
  • Na Bosnia-Hercegovina, unha municipalidade (općina or opština) é:
    • parte dunha cantón (kanton)
    • unha subdivisión (agrupado en rexións)
  • No Canadá, unha municipalidade é unha cidade condado ou municipalidade rexional que esta incorporada polo estatuto pola lexislación das provincias e territorios do Candá.
  • No Chile, unha municipalidade (comuna) é parte dunha provincia
  • Na Croacia, unha municipalidade (općina) é parte dun condado (županixa)
  • Na Dinamarca, unha municipalidade (kommune) é unha parte dun condado (amt)
  • Na Finlandia, unha municipalidade (kunta/kommun) é unha parte dunha provincia (lääni/län)
  • Nas Filipinas, unha municipalidade (bayan) é unha parte dais parte dunha provincia (lalawigan) e é composta de barangays.
  • Na Grecia, unha municipalidade é tanto unha son tantos urbanas (demoi) canto rurais (koinotetes), que fan parte dunha prefeitura (nomos) dunha rexión maior coñecida como periferías.
  • En Honduras, unha municipalidade é un anaco dun departamento.
  • Na Italia, unha municipalidade (comune) é parte dunha provincia (provincia) que é parte dunha rexión (regione).
  • No Xapón, calquera goberno alén do goberno nacional xaponés é chamado municipalidade.
  • No México, unha municipalidade (municipio) é unha subdivisión dun estado (estado).
  • Nos Países Baixos, unha municipalidade (xemeente) é unha parte da provincia (provincie).
  • Calquera parte da Nova Celandia é tanto chamado "cidade" (city) (xeralmente urbana) ou un distrito (district) (xeralmente rural). O termo "municipalidade" é raro na Nova Celandia desde aproximadamente 1979 e non posúe ningún estatuto legal.
  • Na Noruega, unha municipalidade (kommune) é parte dun condado (fylke).
  • Na Polonia, unha municipalidade (gmina) é parte dun condado (powiat).
  • En Porto Rico, unha municipalidade (municipio) é unha cidade. Cada municipalidade posúe un prefeito eleito.
  • Na Romanía, unha municipalidade (municipiu) é parte dun condado (xudeţ).
  • Na Serbia, unha municipalidade (opština) é parte dun condado (okrug)
  • Na Suecia, unha municipalidade (kommun) é parte dun condado (län).
  • Na Suíza, unha municipalidade (commune/Gemeinde/comune) é parte dun cantón (canton/Kanton/cantone) e defínese pola lei cantonal.
  • Nos Estados Unidos, as entidades que posúen os estatos de municipalidade varían de estado para estado. Cidades, towns, vila ou vilarexo son termos común para municipalidade. Distrito municipal (Townships), condados, e parroquias non son xeralmente considerados municipalidades, entretano hai excepcións. Nalgúns estados, as cidades non posúen un estatuto de municipalidade similar ao distrito municipal.

Véxase tamén

Outros artigos