Calígula: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Woden (conversa | contribucións)
Liña 7: Liña 7:
Porén, os seus primeiros meses de reinado foi un dirixente querido polo pobo. As continuas xornadas de xogos en [[Roma]] e os seus célebres repartos de comida ós máis necesitados volvérono querido e admirado en toda [[Roma]].
Porén, os seus primeiros meses de reinado foi un dirixente querido polo pobo. As continuas xornadas de xogos en [[Roma]] e os seus célebres repartos de comida ós máis necesitados volvérono querido e admirado en toda [[Roma]].


Pero tras unha crise mental, o benquerido Calígula perdeu o control: nomeou o seu cabalo (Incitatus) senador e derrochou a fortuna estatal en absurdas campañas militares. Convencido de ser un deus en vida, mandou as lexións a [[Ostia]] a combater o deus [[Neptuno (mitoloxía)|Neptuno]]. Imitando a [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]] ([[Zeus]]), practicoulle un aborto á súa muller, Drusila (tamén era a súa irmá), e comeu o rapaz.
Pero tras unha crise mental, o benquerido Calígula perdeu o control: nomeou o seu cabalo ([[Incitatus]]) senador e derrochou a fortuna estatal en absurdas campañas militares. Convencido de ser un deus en vida, mandou as lexións a [[Ostia]] a combater o deus [[Neptuno (mitoloxía)|Neptuno]]. Imitando a [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]] ([[Zeus]]), practicoulle un aborto á súa muller, Drusila (tamén era a súa irmá), e comeu o rapaz.


En xaneiro do [[41]] d. C., os oficiais [[Casio Querea]] e [[Cornelio Sabino]] acabaron coa súa vida, matando tamén á súa filla Xulia Drusila e á súa esposa Caesonia.
En xaneiro do [[41]] d. C., os oficiais [[Casio Querea]] e [[Cornelio Sabino]] acabaron coa súa vida, matando tamén á súa filla Xulia Drusila e á súa esposa Caesonia.

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2010 ás 12:41

Busto de Calígula.

Caio César, nado en Antium (hoxe Anzio) o 31 de agosto do 12, foi un emperador romano. Sucedeu ó seu avó adoptivo Tiberio no trono imperial romano co nome de Caio Xulio César Xermánico. O sobrenome de Calígula vén dos seus tempos mozos (significa calzado pequeno).

Traxectoria

Acadou o poder absoluto matando sucesivamente ós seus pais, ós seus irmáns maiores e, logo de ser emperador, por se acaso mandou cortar a cabeza a Tiberio Xemelgo, o único que podía disputarlle o trono.

Porén, os seus primeiros meses de reinado foi un dirixente querido polo pobo. As continuas xornadas de xogos en Roma e os seus célebres repartos de comida ós máis necesitados volvérono querido e admirado en toda Roma.

Pero tras unha crise mental, o benquerido Calígula perdeu o control: nomeou o seu cabalo (Incitatus) senador e derrochou a fortuna estatal en absurdas campañas militares. Convencido de ser un deus en vida, mandou as lexións a Ostia a combater o deus Neptuno. Imitando a Xúpiter (Zeus), practicoulle un aborto á súa muller, Drusila (tamén era a súa irmá), e comeu o rapaz.

En xaneiro do 41 d. C., os oficiais Casio Querea e Cornelio Sabino acabaron coa súa vida, matando tamén á súa filla Xulia Drusila e á súa esposa Caesonia.


Imperio Romano

Segue a:
Tiberio
Calígula
(37-41)

Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía Xulio-Claudia

Galería de imaxes

Véxase tamén

Modelo:Link FA Modelo:Link FA