Hora: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: io:Horo
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hak:Sṳ̀
Liña 61: Liña 61:
[[gd:Uair]]
[[gd:Uair]]
[[gv:Oor]]
[[gv:Oor]]
[[hak:Sṳ̀]]
[[he:שעה]]
[[he:שעה]]
[[hi:घंटा]]
[[hi:घंटा]]

Revisión como estaba o 23 de xuño de 2010 ás 03:55

A hora é o lapso de tempo que comprende 60 minutos, ou 3600 segundos. É, á súa vez, a vintecatroava parte dun día.

Hora é tamén unha medida de ángulos utilizada en Astronomía que equivale a 15 º. Ten a súa orixe en que a Terra nunha hora de tempo xira 15º.

Os seus divisores son: 1 hora = 60 Minutos

1 Minuto = 60 segundos

Unha relación útil é 1 º = 4 Minutos

A Ascensión recta é un ángulo que se mede en horas, minutos e segundos.

Así AR=3h 25m 13s= 3,4202777.. h= 51,304166..º =51 º 18 ' 15 "

Por regra xeral o instrumento que mide e averigua as horas é un Reloxo

Antigas definicións da hora.

  • Na antigüidade considerábase á doceava parte do tempo que transcorre desde a saída do Sol ata o solpor. Como consecuencia, durante o verán as horas son máis longas que durante o inverno. Os romanos e os gregos usaban esta definición. Más tarde, a noite (o tempo transcurrido desde o solpor ata o nacer-do-sol) foi tamén dividida en doce horas. Este tipo de horas medíase mediante un Reloxo de sol ou mediante unha Clepsidra. Cando un reloxo mecánico utiliza estas horas, a súa velocidade debe ser cambiada cada mañá e tarde, por exemplo cambiando o largo do seu péndulo. A hora segundo esta definición está regulada segundo o Sistema Horario Temporario.
  • Unha vintecatroava parte do día solar aparente (entre un mediodía e o seguinte, ou entre un solpor e o próximo). Como consecuencia, as horas varían un pouco, posto que a duración do día solar aparente varía ao longo do ano. Cando un reloxo utiliza estas horas, debe ser axustado unhas poucas veces durante o mes. Segundo se tome como orixe o paso do Sol polo Ocaso ou o Orto denominaráse Sistema Horario Itálico ou Sistema Horario Babilónico respectivamente.
  • Unha vintecatroava parte do día solar medio. Cando un reloxo exacto utiliza estas horas, non necesita ser axustado nunca. De todas formas, posto a que a velocidade da rotación terrestre diminúe, esta definición foi abandonada.

Véxase tamén

Outros artigos