Xogos Olímpicos de 1904: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 181: Liña 181:
[[la:1904 Olympia Aestiva]]
[[la:1904 Olympia Aestiva]]
[[lt:1904 m. vasaros olimpinės žaidynės]]
[[lt:1904 m. vasaros olimpinės žaidynės]]
[[lv:1904. gada Vasaras Olimpiskās spēles]]
[[mhr:Кеҥеж Олимпий модмаш - Сент-Луис 1904]]
[[mhr:Кеҥеж Олимпий модмаш - Сент-Луис 1904]]
[[mk:Летни олимписки игри 1904]]
[[mk:Летни олимписки игри 1904]]

Revisión como estaba o 18 de xuño de 2010 ás 11:26

Xogos da III Olimpíada
Saint Louis 1904
Estados Participantes 12
Atletas 651
Eventos 91 en 17 deportes
Cerimonia de apertura 1 de xullo
Cerimonia de clausura 23 de novembro
Apertura oficial David Francis
Local Estadio Francis Field

Os III Xogos Olímpicos realizáronse na cidade de Saint Louis, no estado de Missouri, Estados Unidos. Da mesma maneira que os Xogos anteriores en París, estes foron novamente integrados a unha grande exposición e feira de negocios, desta vez a Louisiana Purchase Exhibition, sen ningunha relación co deporte. Tamén como en París, os Xogos alongáronse durante cinco meses, sendo inaugurados o 1 de xullo e tendo a súa clausura o 23 de novembro de 1904.

Indignado coa situación, que en todo repetía a desorganización e a lixeireza amosada nos Xogos de París catro anos antes, Pierre de Coubertin, mesmo recibindo unha carta do Presidente Theodore Roosevelt implorando a súa presenza, recusouse a comparecer a St. Louis para a cerimonia de apertura e permaneceu en Europa.

Por causa da grande distancia transoceánica, varios países de Europa non compareceron e os países participantes limitáronse a 12, con 16 modalidades deportivas disputadas, resultando máis dos tres cuartos dos 651 atletas presentes (645 homes e 6 mulleres) dos propios Estados Unidos, o que explica a grande cantidade de medallas conquistadas polo país anfitrión e a enorme diferenza no Cadro de Medallas para o segundo colocado.

Curiosidades

  • Foi nestes Xogos nos que por primeira vez se introduciu na entrega dos premios ós vencedores as medallas de ouro, prata e bronce como hoxe coñecemos.
  • O velocista norteamericano Archie Hahn, alcumado de “O Meteoro de Milwaukee”, foi o grande nome do atletismo, vencendo as probas dos 60, 100 e 200m lisos.
  • George Poage, dos Estados Unidos, tornouse o primeiro negro en conquistar unha medalla olímpica, de bronce, nos 400 metros vallas.
  • Exemplo das instalacións precarias dos Xogos de Saint Louis, así como nos anteriores de París, sona as probas de natación, que se disputaron nun grande tanque de augas turbias, habitado por peixes e algúns batraquios.
Hicks axudado polo equipo durante o maratón
  • Na proba do maratón, o norteamericano Fred Lorz foi desclasificadodespois de cruzar en primeiro lugar a liña de chegada, cando se descubriu que había percorrido máis de dezaoito quilómetros da proba no vehículo dun amigo. A medalla de ouro foi entregada entón a outro americano, Thomas Hicks, que durante a proba foi varias veces reanimado para proseguir a base de ovos crús, coñac e estricnina, polo seu técnico e polo equipo de apoio. Hicks cruzou a liña de chegada bébedo e delirando. Nunca máis correu outro maratón.
  • Talvez o máis pitoresco de todos os participantes destes Xogos fora o cubano Felix Carvajal, un carteiro d'A Habana. Felix, un home moreno de 1,50 de altura e grandes bigotes, despois dunha verdadeira odisea para ir de Cuba até St. Louis, apareceu na saída da proba vestindo boina, camisa e calzando un coturno.
Felix Carvajal no maratón de Saint Louis

Os organizadores obviamente tentaron impedir a súa participación, mais atletas americanos, simpatizando e apiedados do pequeno cubano, axudáronlle a transformar a súa vestimenta en algo parecido a un equipamento deportivo. Carvajal chegou en cuarto lugar na proba e talvez puidese até ter gañado unha medalla se non se detivera ocasionalmente durante o transcurso para conversar con xentes, rapiñar pexegos ou invadir un pomar de mazás na procura de alimentos, o que lle causou un grande cólico estomacal á fin da proba pois as froitas estaban verdes. Felix transformouse no pequeno heroe e mascota dos seus adversarios, que se cotizaron para lle pagar a pasaxe de volta a Habana e lle deron de regalo unha placa de prata, coa inscripción: ”A Felix, o IV, o máis glorioso vencido da historia dos Xogos”.

  • O ximnasta George Eyser, dos EUA, foi un dos máis incribles atletas dos Xogos de St. Louis, conquistando seis medallas de ouro, sendo que a súa perna esquerda, debido a unha amputación na infancia, era unha perna de pau.

Modalidades olímpicas disputadas

Cadro de Medallas

Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 United States Estados Unidos 78 82 79 239
2 Germany Alemaña 4 4 5 13
3 Cuba Cuba 4 2 3 9
4 Canada Canadá 4 1 1 6
5 Hungary Hungría 2 1 1 4
6 Mixed team Equipo mixto 1 1 0 2
Great Britain and Ireland Reino Unido 1 1 0 2
8 Greece Grecia 1 0 1 2
Switzerland Suíza 1 0 1 2
10 Austria Austria 0 0 1 1


Obs: Equipos mixtos, permitidas na época, formados por atletas norteamericanos e cubanos, conquistaron 1 medalla de ouro e 1 medalla de prata, en Atletismo e en Esgrima.

Modelo:Link FA