Henrique I de Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Sen referencias
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 47: Liña 47:
[[pl:Henryk I Kastylijski]]
[[pl:Henryk I Kastylijski]]
[[pt:Henrique I de Castela]]
[[pt:Henrique I de Castela]]
[[ru:Энрике I (король Кастилии)]]

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2010 ás 22:05

Henrique I de Castela, tamén chamado Henrique de Borgoña, (nado o 14 de abril de 1204 e falecido en Palencia en 1217). Chamado tamén Henrique de Borgoña, foi rei de Castela[1] entre 1214 e 1217.

Fillo menor de Afonso VIII e de Leonor de Plantagenet, accedeu ó trono con dez anos ó morrer os seus seis irmáns varóns.

A súa minoría de idade supuxo a apertura dun período de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá maior, Berenguela, que residía na corte castelá trala anulación do seu matrimonio con Afonso IX de León polo papa Inocencio III en 1204.

A rexencia de Berenguela foi contestada polos Lara, familia de nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde Álvaro Núñez de Lara, negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.

A tutela do conde de Lara produciu desavinzas entre a nobreza castelá, que temía o enorme poder que con ela obtiñan os Lara, que desde un primeiro momento manobraron para consolidar a súa posición concertando en 1215 o matrimonio de Henrique coa infanta Mafalda de Portugal, filla do rei Sancho I. O matrimonio nunca foi consumado e acabou sendo anulado ó ano seguinte por Inocencio III, debido ó grao de parentesco entre eles.

Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con Sancha, filla de Afonso IX de León, co que se pretendía unir os reinos de Castela e León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a Fernando, fillo de Berenguela e do propio rei leonés.

Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.

Á súa morte apareceu un problema sucesorio. Elixida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como reina en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro do reino de León Fernando III o Santo.

Notas

  1. A titulación completa era Rex Castelle et Toleti (Rei de Castela e Toledo)


Reino de Castela

Segue a:
Afonso VIII de Castela
Henrique I de Castela
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Borgoña