Xogos Olímpicos de 1956: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Liña 170: Liña 170:
[[ky:Мельбурн 1956]]
[[ky:Мельбурн 1956]]
[[la:1956 Olympia Aestiva]]
[[la:1956 Olympia Aestiva]]
[[lv:1956. gada Vasaras Olimpiskās spēles]]
[[mhr:Кеҥеж Олимпий модмаш - Мельбурн 1956]]
[[mhr:Кеҥеж Олимпий модмаш - Мельбурн 1956]]
[[mk:Летни олимписки игри 1956]]
[[mk:Летни олимписки игри 1956]]

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2010 ás 15:34

Xogos da XVI Olimpíada
Melbourne 1956
Estados Participantes 67
Atletas 3184
Eventos 145 en 17 deportes
Cerimonia de Apertura 22 de novembro
Cerimonia de Clausura 8 de decembro
Apertura oficial Príncipe Felipe, Duque de Edimburgo
Xuramento do Atleta John Landy, Henri Saint Cyr
Entrada do Facho Olímpico Ron Clarke, Hans Wikne
Local Melbourne Cricket Ground

Os XVI Xogos Olímpicos de 1956 foron realizados na cidade de Melbourne, en Australia, entre os días 22 de novembro e 8 de decembro, coa participación de 72 estados, representados por 3314 atletas, sendo 376 mulleres.

Por primeira vez unha das modalidades deportivas dos Xogos non foi realizada nin na cidade nin no país anfitrión, xa que a Hípica transferiuse a Estocolmo, Suecia, disputándose cinco meses antes de Melbourne polo que se impedía a entrada de cabalos estranxeiros no país.

Infelizmente, a política internacional, extremamente tensa naqueles días de Guerra Fría, foi responsable dos primeiros boicots e desistencias dos Xogos Olímpicos. A invasión da Hungría por tropas soviéticas naquel ano causou a desistencia de España, Países Baixos e Suíza. Os exipcios, iraquís e libaneses boicotearon o evento en protesta pola presenza anglo-francesa, entóm intervindo con tropas na cuestión do Canal de Suez.

Curiosidades

  • Vladimir Kutz mostra a forza do atletismo soviético ó conquistar o ouro nas probas de 5.000 e 10.000m, fazaña conseguida antes tan só polos fantásticos finlandeses da primeira metade do século e pola “Locomotora Humana”, o checo Emil Zátopek.
  • A raíña destes Xogos, para delirio dos anfitrións, foi a australiana Betty Cuthbert, de dezaoito anos, alcumada “Golden Girl” e campioa olímpica nos 100, 200 e 4x100m no atletismo.
  • Os alemáns occidentais e orientais participaron xuntos nun equipo mixto, como farían nos próximos dous eventos.
  • A nadadora Dawn Frazer brillou nas piscinas liderando o equipo australiano na vitoria do relevo 4x100 e conquistando o ouro nos 100m nado libre.

Modalidades disputadas

Participantes

Cadro de medallas

Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 URSS 37 29 32 98
2 Estados Unidos 32 25 17 74
3 Australia 13 8 14 35
4 Hungría 9 10 7 26
5 Italia 8 8 9 25
6 Suecia 8 5 6 19
7 Equipo Unido de Alemaña 6 13 7 26
8 Gran Bretaña 6 7 11 24
9 Romanía 5 3 5 13
10 Xapón 4 10 5 19