Granxa de Barreiros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
 
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
A intención do empresario e filántropo lugués era crear unha escola de orientación agraria para mestres, de forma que integrasen a [[cultura galega]] e os ciclos da natureza na formación escolar. Tamén quería promover a creación de hortas escolares nas escolas públicas da provincia. O proxecto e os edificios da granxa foron deseñados polo arquitecto galego [[Manuel Gómez Román]].

O seu primeiro director foi [[Avelino Pousa Antelo]], que antes da [[guerra civil española|guerra civil]] fora membro das [[Mocidades Galeguistas]], facendo unha forte campaña a prol do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía]] de [[1936]]. Profundamente [[agrarismo|agrarista]] e cooperativista, en 1946 obtivera unha bolsa na [[Misión Biolóxica]] que dirixía [[Cruz Gallástegui Unamuno]] en [[Salcedo, Pontevedra|Salcedo]] ([[Pontevedra]]).
O seu primeiro director foi [[Avelino Pousa Antelo]], que antes da [[guerra civil española|guerra civil]] fora membro das [[Mocedades Galeguistas]], facendo unha forte campaña a prol do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía]] de [[1936]]. Profundamente [[agrarismo|agrarista]] e cooperativista, en 1946 obtivera unha bolsa na [[Misión Biolóxica]] que dirixía [[Cruz Gallástegui Unamuno]] en [[Salcedo, Pontevedra|Salcedo]] ([[Pontevedra]]).

Desde 1948 até a súa morte a institución foi sostida por [[Antonio Fernández López]]. Na actualidade segue a funcionar, plenamente integrada nos plans educativos promovidos polo [[Colexio Fingoi]] de [[Lugo]]. Está xestionada polo Instituto Galego de Educación Medioambiental A Ponticela, baixo a dirección de [[Siña Fernández Puentes]], filla do fundador.

Revisión como estaba o 15 de xuño de 2010 ás 09:00

A granxa de Barreiros é un proxecto pedagóxico creado en 1948 por Antonio Fernández López (o maior dos fillos de Antón de Marcos) en Barreiros, na parroquia de Ortoá (Sarria).

Historia

A intención do empresario e filántropo lugués era crear unha escola de orientación agraria para mestres, de forma que integrasen a cultura galega e os ciclos da natureza na formación escolar. Tamén quería promover a creación de hortas escolares nas escolas públicas da provincia. O proxecto e os edificios da granxa foron deseñados polo arquitecto galego Manuel Gómez Román.

O seu primeiro director foi Avelino Pousa Antelo, que antes da guerra civil fora membro das Mocedades Galeguistas, facendo unha forte campaña a prol do Estatuto de Autonomía de 1936. Profundamente agrarista e cooperativista, en 1946 obtivera unha bolsa na Misión Biolóxica que dirixía Cruz Gallástegui Unamuno en Salcedo (Pontevedra).

Desde 1948 até a súa morte a institución foi sostida por Antonio Fernández López. Na actualidade segue a funcionar, plenamente integrada nos plans educativos promovidos polo Colexio Fingoi de Lugo. Está xestionada polo Instituto Galego de Educación Medioambiental A Ponticela, baixo a dirección de Siña Fernández Puentes, filla do fundador.

Véxase tamén

Ligazóns externas