Esfinxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot; substituír 'ademáis' por 'ademais'
JAnDbot (conversa | contribucións)
Liña 22: Liña 22:
[[el:Σφίγγα (μυθολογία)]]
[[el:Σφίγγα (μυθολογία)]]
[[en:Sphinx]]
[[en:Sphinx]]
[[eo:Sfinkso (egipta mitologio)]]
[[eo:Sfinkso (greka mitologio)]]
[[es:Esfinge (mitología)]]
[[es:Esfinge (mitología)]]
[[et:Sphinx]]
[[et:Sphinx]]
Liña 59: Liña 59:
[[vi:Nhân sư]]
[[vi:Nhân sư]]
[[yi:ספינקס]]
[[yi:ספינקס]]
[[zh:狮身人面像]]
[[zh:斯芬克斯]]

Revisión como estaba o 15 de xuño de 2010 ás 07:42

Estatua da Esfinxe.

Na mitoloxía grega, a Esfinxe (en grego antigo Σφίγξ, quizáis de σφίγγω, ‘estrangular’) era un monstro feminino ó que se lle outorgaba rostro de muller, peito, patas, e rabo de león, e ademais tiña ás de ave rapiña.

Supónse que en certas versións é filla de Equidna (víbora con corpo de muller, pero con rabo de de serpe en lugar de pernas), outros a Ortro (can de varias cabezas), outros a Tifón, e outros ó que foi o rei de Tebas (pai de Edipo).

Hera envía á Esfinxe a Tebas para castigar á cidade polo amor culpable que sentía Laio por Crisipo, fillo de Pélope (críase que foi a primeira relación homosexual). Así a esfinxe guareceuse nas montañas ó oeste de Tebas, e desde alí devoraba a todos os seres humáns que estiveran ó seu pé, atormentando ó país.

Antes de comer ós viaxeiros impoñíalles acertixos imposibles de resolver, coa condición de que se os respondían correctamente non os devoraría. Ninguén os acertou ata que chegou Edipo. O acertixo era: "Que é o que ten catro patas pola mañan, duas a mediodía e tres pola noite". A resposta era o home, pois gatea cando é neno, camiña cando é adulto e de vello anda co bastón. Outro acertixo era: "Eran dúas irmás, unha delas enxendra á outra, e ésta a súa vez enxendra á primeira". A resposta é o día ea noite. Cando Edipo resolveu o acertixo a esfinxe suicidouse.