Nome de Horus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: oc:Nom de Her; cambios estética
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sv:Horusnamn
Liña 28: Liña 28:
[[pt:Nome de Hórus]]
[[pt:Nome de Hórus]]
[[sk:Horovo meno]]
[[sk:Horovo meno]]
[[sv:Horusnamn]]

Revisión como estaba o 14 de xuño de 2010 ás 10:05

O Nome de Horus foi o símbolo máis antigo utilizado para representar o título de faraón: un falcón (divos Horus) sobre un serej co nome do rei, en escritura xeroglífica exipcia.

Ronsel do faraón Dyet con Horus e o serej.

O serej xa aparece ao principio da historia exipcia, na Paleta de Narmer. Os reis anteriores á dinastía IV utilizaron principalmente o seu nome de Horus, que aparecía nun serej (a imitación da fachada dun palacio) co deus Horus situado sobre el.

Sejemib, faraón da dinastía II, cambiou o seu nome por Peribsen, e substituíu a protección do deus Horus pola de Seth, posiblemente por problemas políticos, substituíndo o símbolo de Horus polo do deus Seth. Jasejemuy, o seguinte rei da dinastía II, sitúa sobre a súa serej a Horus e Seth, xuntos, probablemente para conciliar aos dous grupos enfrontados.

Horus encima do Serej é unha representación simbólica do palacio do rei protexido polo deus supremo do ceo, identificado co mesmo rei, e xa que logo é o divos-rei que protexe a súa propia terra, a todas as cousas e seres vivos que habitan nela. A forza e significado desta metáfora teñen raíces míticas e relixiosas porque implica o concepto de "rei divino" como fonte e orixe do dereito do rei a gobernar na terra e en todos os seus habitantes; o nome de Horus era de carácter sacro e debía ser utilizado en ámbitos cultuales, cerimoniais, relixiosos, máxicos, bélicos e funerarios, aínda que non había unha regra fixa e estaba suxeito a cambios segundo a época e o contexto.
F. Raffaele

No Imperio Medio de Exipto, dinastías XI e XII, os faraóns exipcios recibían cinco títulos; engadían ao nome de nacemento outros catro máis cando accedían ao trono. Eran os seguintes: Nome de Horus, Nome de Nebty, Nome de Horus Dourado, Nome de Trono e Nome de nacemento. dá:Horus-navn