El País (1932): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m moveu "El País, Pontevedra" a "El País (Pontevedra)": formato máis correcto para nomes de publicacións
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2010 ás 16:33

El País foi un xornal que se publicou en Pontevedra entre 1932 e 1936.

Subtitulado Diario republicano, cambiou despois a Diario republicano de la tarde para denominarse nos últimos anos Diario de la tarde.

Veu a substituír a El Pueblo. Apareceu o 1 de decembro de 1932, sendo o seu fundador, propietario e director Maximiliano Pérez Prego. En 1935 fíxose cargo da dirección durante un breve período Roberto Blanco Torres. El País cesou a súa publicación en xullo de 1936.

De tendencia republicana, foi portavoz do Partido Republicano Gallego e posteriormente defendeu a Izquierda Republicana.

Entre os seus colaboradores destacan: Gerardo Álvarez Gallego, Roberto Castrovido, Juan García Morales, Ken Keirades, Eugenio López Aydillo, Ramón Otero Pedrayo, Joaquín Poza Juncal, Indalecio Prieto, Ramón Suárez Picallo, Antón Villar Ponte e Antonio Zozaya.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.